Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra distinguiu o empuxe innovador de cinco novos proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra distinguiu o empuxe innovador de cinco novos proxectos

S. P.
Publicado: 13/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_20240509_luis_lopez_gala_emprendemento-30.jpgO pasado xoves 9 de maio celebrouse no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra a segunda edición da Gala de Emprendemento SmartPEME, na que se recoñeceu o mérito de cinco proxectos empresariais xurdidos na provincia. Foron Galiwonders, Salmoira, Ceogest, Musggo Yoga e Amarelas.
No transcurso da sesión, o presidente da Deputación, Luis López, enumerou algunhas das iniciativas máis destacadas da institución para o impulso da innovación, o emprendemento e a transformación: o programa SmartPeme, os Premios á Xuventude, o DemoDay para o alumnado de FP ou a aposta pola modernización do tecido empresarial do turismo coas xornadas TurisTIC.
A gala, conducida pola xornalista Belén Xestal e coa presenza como invitadas das empresarias fundadoras de Las Merceditas de Iria, Mercedes e Carmen Zaldívar; serviu para presentar as cinco empresas finalistas que competiron por un premio valorado en 3.000 euros para mellorar a súa formación. As cinco marcas foron seleccionadas polo xurado entre todas as empresas que participaron ao longo do curso nalgún dos obradoiros ou aceleradoras impulsadas desde SmartPEME, o programa de apoio tecnolóxico ao emprendemento da Deputación de Pontevedra. Entre as preto de 500 empresas que participaron nalgunha actividade deste proxecto, foron preseleccionadas “as trinta máis interesantes” e destas, o xurado elixiu as cinco finalistas seguindo criterios relacionados coa súa innovadora idea de negocio, polo seu impacto social, polo crecemento experimentado desde o seu ingreso en SmartPEME.
As axencias de viaxe Galiwonders e Salmoira, a xestoría Ceogest, Musggo Yoga, que ofrece clases de ioga para todos os públicos; e Amarelas, que ofrece experiencias educativas ambientadas na natureza e o patrimonio da provincia; foron as cinco finalistas. Durante a gala e despois de ver un vídeo promocional de cada unha delas, os asistentes decidiron o gañador a través dun sistema de votación co seu móbil. A gañadora resultou ser finalmente Salmoira.
Luis López destacou a capacidade da cidadanía pontevedresa para emprender. “Vivimos nunha provincia que é pequena en extensión, pero que conta cunha enorme capacidade emprendedora. Aló onde pousamos a mirada, vemos un pontevedrés ou unha pontevedresa poñendo en marcha un negocio”, subliñou para reafirmar o apoio do seu goberno ao tecido empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?