Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula TIC Pemes favorece con formación innovadora a inserción laboral dunha decena de persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula TIC Pemes favorece con formación innovadora a inserción laboral dunha decena de persoas

S. P.
Publicado: 15/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proyecto_troya_mentoring-2-1024x768.jpgO proxecto da USC no Campus de Lugo Troya-Mentoring, impulsado pola Aula TIC Pemes do Campus de Lugo co obxectivo de derrubar barreiras no ámbito laboral e mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual na provincia, chegou esta tempada á súa segunda edición formando a preto dunha decena de persoas desempregadas para que profunden no coñecemento interno das empresas.
A firma biotecnolóxica AMSlab é unha das empresas participantes que ofrecen prácticas ao alumnado, unha fase de traballo real que se prolongará ao longo dos meses de maio e xuño e durante a cal os novos traballadores abordarán temas clave como a comunicación dentro da empresa, a xestión de conflitos, o manexo de ferramentas de administración e software como Excel ou a xestión de correos electrónicos e as chamadas, entre outros.
usc_mentoring_aula_tic_pemes_troya2.jpg Esta experiencia profesional “permitiralles poñer en valor nunha contorna real todos os contidos adquiridos nas últimas semanas”, sinalou a profesora da USC na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, Ángeles López Cabarcos, responsable dun proxecto co que se quere “sensibilizar as empresas locais” en materia de emprego e discapacidade.
Os contidos impartidos no marco de Troya-Mentoring relaciónanse co desenvolvemento de habilidades empresariais orientadas a mellorar a empregabilidade de persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual.
Os coñecementos que se imparten ao longo de 30 horas, están relacionados fundamentalmente con actividades administrativas da empresa. A meta é que as alumnas e alumnos adquiran habilidades que lles permitan desenvolverse con éxito nese eido. Transcorrido o período formativo na USC, realizan un período de prácticas en empresas e institucións reais durante 100 horas.
mentorin_usc_troya1.jpg A primeira fase desenvolveuse de forma presencial na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC. Para a súa execución, a Aula TIC Pemes conta cun equipo interdisciplinario de docentes que se encargaron de impartir os contidos formativos. O alumnado tivo, no Campus Terra, apoio personalizado e adaptado ás súas necesidades específicas. A formación presencial complementouse con formación virtual para completar e ampliar os contidos, facilitar a asimilación de conceptos, e garantir a resolución de dúbidas.
Troya-Mentoring conta ademais coa implicación do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) a través da figura do Voluntario/a Troya Mentoring (VTM). Deste xeito, cada alumno/a inscrito no programa pode contar co seu VTM persoal que o apoia ao longo do proceso e moi especialmente durante o período de prácticas.
As empresas participantes nesta segunda edición de Troya-Mentoring son Arenal Perfumerías Plásticos Arias, Cafés Candelas, Pescados Rubén, AMSlab, Torre de Núñez, VrioPack, Establecimientos Rey e El Progreso. A iniciativa está promovida conxuntamente coa Asociación Síndrome de Down de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?