Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará coa primeira Lei de Cultura Dixital do ámbito estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará coa primeira Lei de Cultura Dixital do ámbito estatal

S. P.
Publicado: 15/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conselleiro_jose_lopez_cultura_folla_de_ruta_parlamento1.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou este martes 14 de maio no Parlamento a folla de ruta do seu departamento para os vindeiros anos, coincidindo de xeito significativo coas vésperas da celebración das Letras Galegas en homenaxe a Luísa Villalta. Tendo en conta esta circunstancia., propuxo iniciar un camiño de colaboración para proxectar a Galicia cara ao futuro. “Vivimos nunha Galicia que coñece, quere e usa o galego e na que a lingua é unha gran riqueza pola que debemos traballar desde a concordia e con liberdade”, subliñou.
No eido da dixitalización, o plan inclúe a elaboración da que sería, dixo, “a primeira Lei de Cultura Dixital feita nunha comunidade autónoma, que acompañará aos sectores culturais na imprescindible transformación dixital, o novo Centro Galego das Artes Dixitais, a creación de novos produtos ou a continuidade do Proxecto Nós”, impulsado dende a USC e a Secretaría Xeral de Lingua para facer realidade a plena actividade do galego no ámbito da Intelixencia Artificial.
Segundo apuntou, “tras os avances feitos nos últimos anos para impulsar o uso da lingua galega no ámbito da IA e para que os automatismos falen galego, a Administración autonómica seguirá agora afondando neste camiño coa creación de novos produtos tecnolóxicos especialmente pensados para o público infantil e xuvenil cos que favorecer os vínculos das xeracións máis novas coa lingua galega”.
López Campos anunciou o inicio vindeiro das obras do Centro de Artes Dixitais de Galicia, “un proxecto pioneiro en Galicia situado na Cidade da Cultura que permitirá aproveitar as oportunidades creativas do Gaiás xunto coa ventá de posibilidades que as tecnoloxías dixitais están ofrecendo como motor de desenvolvemento cultural e económico”.
Tamén no ámbito da dixitalización, o conselleiro informou da creación do Plan de Dixitalización do Patrimonio Cultural Galego, “unha ferramenta que pon a tecnoloxía e a innovación ao servizo dun dos nosos tesouros máis senlleiros mediante a xeolocalización, o 3D ou a Realidade Virtual co fin de favorecer un maior coñecemento da nosa riqueza patrimonial”.
Para acadar os resultados desexados neste Plan, segundo explicou, “xogará un papel fundamental o novo Observatorio da Innovación no Patrimonio Cultural, que ofrecerá unha foto precisa do gran potencial de Galicia neste eido”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?