Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago dota os centros socioculturais do rural de 46 computadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago dota os centros socioculturais do rural de 46 computadores

S. P.
Publicado: 15/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

csc_equipos_ordenadores_santiago_villestro.jpgA concelleira de Rural de Santiago, Pilar Lueiro, informou dunha nova dotación de equipos tecnolóxicos de uso público para as aulas informáticas dos centros socioculturais da zona rural. En total, o Concello reforzará este servizo dirixido ás persoas usuarias dos centros con 46 computadores de sobremesa e monitores ao abeiro dun investimento do POS+ da Deputación da Coruña.
pilar_lueiro_concelleira_santiago.jpg Pilar Lueiro explicou que con este reforzo de equipamentos nas parroquias do rural búscase “reducir a fenda dixital e facilitar a aprendizaxe e utilización de Internet, para o uso do correo electrónico, redes sociais, programas didácticos e ferramentas diversas vinculadas ás Tecnoloxías de Información e da Comunicación, as TIC”.
A concelleira detallou que os novos equipamentos estarán distribuídos da seguinte maneira: 5 para o CSC da Enfesta, 5 para o CSC de Figueiras, 8 para o CSC de Laraño, 8 para o CSC da Lavacolla, 4 para o CSC de Marantes, 8 para o CSC de Marrozos e 8 para o CSC de Villestro. Ademais, anunciou que o Concello complementará as sesións de formación organizadas polos propios centros, coa presenza de técnicos de informática que prestará apoio ás persoas usuarias se fose necesario.
Segundo afirmou, grazas a este reforzo as parroquias poderán “contar con recursos que facilitan unha mellor infraestrutura para conectarse á rede de internet, cun acceso máis amplo a dispositivos tecnolóxicos”, o que permitirá mellorar as “oportunidades económicas, educativas e sociais, para reducir as desigualdades entre a zona urbana e o rural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?