Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os videoxogos aplicados á educación e a saúde protagonizaron a nova sesión da Power UP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os videoxogos aplicados á educación e a saúde protagonizaron a nova sesión da Power UP

S. P.
Publicado: 15/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_power_up_ricardo_cao_videoxogos_luz_castro.jpgA Xornada Power Up Videoxogos Aplicados e Persuasivos, organizada polo Campus Industrial da Universidade da Coruña xunto coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), amosou o pasado venres 10 de maio múltiples aplicacións que se abren co uso dos videoxogos. A sesión, materializada a través do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, en colaboración coa Xunta e co Concello de Ferrol, foi inaugurada polo reitor Ricardo Cao, quen sinalou que a día de hoxe “estase a traballar en moitos eidos de aplicación máis alá do propio concepto lúdico dos videoxogos”, o que, dixo, “abre novas oportunidades de creación, de innovación, e tamén de estudo, de investigación e de transferencia tecnolóxica”.
Así, engadiu, “temos os videoxogos aplicados, que ofrecen máis que entretemento e que se adaptan a outro sector, como por exemplo, educación ou sanidade; e tamén temos os que pretenden facernos reflexionar sobre algo, os persuasivos”. Seguindo este fío, lembrou o exemplo, da participación da UDC no Proxecto Europeo Erasmus+ Incorporating Interdiscipinarity in Secondary School Education Using Conflict Video Games (InterGames), iniciativa que pretende mellorar os plans de estudo da educación secundaria en Europa e potenciar as capacidades de profesorado e alumnado con enfoques interdisciplinares a través dos videoxogos de conflito; un programa no que se busca incentivar o pensamento crítico, a resolución de problemas e a intelixencia emocional entre o estudantado de secundaria de toda Europa.
Xa pola tarde, foi a quenda das presentacións do alumnado do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Así o equipo Nameless presentou o seu ¡What the Hell, un xogo de desprazamento lateral con elementos de plataformas, acción 2.5D e quebracabezas ambientado nos infernos de Dante. E o equipo Piña Colada que presentará Platyfrog, un xogo de aventuras e plataformas 3D onde integrantes de dúas civilizacións rivais deberán colaborar para sobrevivir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?