Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra creará unha app de Realidade Aumentada sobre as rías Baixas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra creará unha app de Realidade Aumentada sobre as rías Baixas

S. P.
Publicado: 16/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aplicacion_rias_baixas_20240516_baiona_rafaestevez_02.jpgO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este xoves 16 de maio un novo avance en materia de turismo para a provincia relacionado coas novas tecnoloxías na apertura da sexta xornada de TurisTIC. Trátase dunha aplicación móbil de Realidade Aumentada ambientada nas rías Baixas.
En concreto, o lanzamento consistirá nun xogo que poderán descargar os usuarios para, a través da xeolocalización, percorrer diferentes rutas pola provincia e ir colleitando obxectos virtuais que logo poderán intercambiar por recompensas reais nas oficinas de Turismo Rías Baixas.
“É un novo incentivo para lanzarse a descubrir os tesouros que agocha o noso territorio e un xeito moderno e divertido de diversificar a nosa oferta”, explicou López, engadindo que o lanzamento da ferramenta materializarase “proximamente”.
Ademais, o presidente falou tamén doutras dúas iniciativas aprobadas recentemente: por unha banda un asistente conversacional para a páxina web de Turismo Rías Baixas que mellorará a atención aos usuarios e a xestión de datos a través dun investimento superior aos 200.000 euros, pola outra, o proxecto Praias Infinitas que busca explotar os areais das Rías Baixas como escenarios para observar as estrelas ou organizar actividades de ocio para as familias.
“As Rías Baixas son un destino único porque nun territorio tan pequeno en extensión como a nosa provincia, temos unha oferta turística de enorme calidade. Pero esta industria é como o seu público: dinámico, áxil e cambiante. Polo que é imprescindible estar preparados para estes cambios”, contextualizou o presidente provincial.
Acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, a deputada de Turismo, Nava Castro; e o deputado e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o titular da Deputación foi o encargado de inaugurar a sexta edición da xornada TurisTIC, un evento impulsado polo organismo provincial que ten como obxectivo “analizar e informar aos integrantes do sector turístico das oportunidades que ofrece o uso das tecnoloxías da información para o destino”.
Este ano, o programa incluíu dúas mesas redondas e unha conferencia que xiraron arredor da importancia dunha correcta xestión de datos, tanto no ámbito público como no privado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?