Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago homenaxea a Luísa Villalta cunha campaña participativa nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago homenaxea a Luísa Villalta cunha campaña participativa nas redes sociais

S. P.
Publicado: 16/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

letras_galegas_santiago.jpgO Concello de Santiago sumouse este xoves 16 á celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) e fíxoo coa lectura dunha declaración institucional que “reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na Administración municipal e da súa promoción na sociedade”. No acto, na que participaron os membros da Corporación, recoñeceuse tamén o legado da poeta coruñesa Luísa Villata cunha lectura dos seus poemas. Ademais, o Concello mantén activa a campaña Andei por Santiago/pisando estrelas coa que convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela ao mesmo tempo que se pon en valor a obra da poeta homenaxeada.
Declaración institucional
Con motivo do Día das Letras Galegas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes de todos os grupos municipais participaron nun acto no Pazo de Raxoi no que se procedeu á lectura da declaración institucional aprobada de forma unánime no Pleno do Concello do pasado 24 de abril. Goretti Sanmartín abriu o acto e a continuación os/as concelleiros/as Gonzalo Muíños (PsdG), Nerea Barcia (PP), María Rozas (CA) e Míriam Louzao (BNG) deron lectura ao texto.
Con esta declaración pública, aprobada de xeito unánime por todos os membros da Corporación municipal no pleno do 24 de abril, reivindícase con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, o compromiso do Concello co uso do galego na administración municipal e coa súa promoción na sociedade. “Desde o Concello de Santiago, como capital de Galicia, temos unha responsabilidade excepcional co galego, a nosa lingua propia dentro dese patrimonio mundial da diversidade, a da comunidade que representamos”, recolle o documento.
O evento continuou coa lectura dunha serie de poemas de Luísa Villalta a cargo de alumnas do IES Rosalía de Castro e das autoras especialistas na súa obra, Marga Romero e Esperanza Mariño. Ao acto asistiron, ademais do conxunto da Corporación municipal, autoridades e representantes do tecido asociativo, cultural e comercial de Santiago e un nutrido grupo de alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro.
Na súa intervención, a alcaldesa enxalzou a figura “tan forte, tan intensa e tan fascinante” que é Luísa Villalta, á que definiu como “unha muller que é referente e que ten unha poesía que representa perfectamente aquilo que non damos dito con palabras na linguaxe corrente”.
Campaña Andei por Santiago/pisando estrelas
Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Santiago tamén lanzou esta semana a campaña Andei por Santiago/pisando estrelas coa que convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela ao mesmo tempo que se pon en valor a figura da poeta Luísa Villalta.
As persoas interesadas en participar deben publicar nas redes sociais unha imaxe dun lugar de Compostela que sexa significativo utilizando os cancelos #AndeiPorSantiago e #PisandoEstrelas, acompañados dunha explicación do lugar escollido. Entre todas as persoas que participen sortearanse 10 lotes de material cultural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?