Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Manuel Caeiro (atlanTTic) móstranos este mércores as diferentes correntes do movemento hacker
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Manuel Caeiro (atlanTTic) móstranos este mércores as diferentes correntes do movemento hacker

S. P.
Publicado: 20/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ragc_manuel_caeiro2.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra, ao abeiro das actividades do seu V Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos (que busca achegar a ciencia e a tecnoloxía ao alumnado de Secundaria e Bacharelato e que está coordinado pola catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo) achéganos este mércores 22 de maio unha nova sesión.
Será no IES A Paralaia de Moaña, ás 12:20 horas, e aproximaranos ao concepto de piratas informáticos: que buscan, como actúan e cales son as ideas preconcibidas sobre a súa actividade que temos que desbotar. En concreto, falarase das grandes contribucións (positivas) de moitos deles para optimizar a seguridade dos sistemas.
A charla Ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros será impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, profesor titular de Enxeñaría Telemática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, ademais de investigador do centro atlanTTic da UVigo.
O investigador adianta que “cada día prodúcense ao noso redor ataques informáticos nos que se rouban datos, se manipulan documentos, se secuestran equipos ou se fai uso de ordenadores zombis para cometer actividades delitivas”. Nesta liña, apunta que “os hackers ou piratas informáticos parecen estar detrás destes incidentes, pero, ao mesmo tempo, tamén son unha peza clave para a protección e a seguridade”. Sinala que existen diferentes tipos de hackers, que se definen en canto á súa ética pola cor do seu sombreiro: brancos, negros, grises, vermellos ou azuis. O alumnado coñecerá as diferenzas que existen entre eles e cales son realmente perigosos ou útiles.
ragc_manuel_caeiro_.jpgNa súa intervención, o experto explicará que o hacking adoita asociarse co cibercrime e a realización de accións ilícitas ou mesmo criminais. “Os ciberdelincuentes, nalgúns casos hackers de sombreiro negro, usan as súas habilidades para roubar información confidencial, como datos financeiros ou información persoal, que despois poden usar para fraude, extorsión ou roubo de identidade. Os ataques de ransomware, que cifran os ficheiros dunha vítima e esixen un pago pola súa liberación, son cada vez máis comúns e poden ter efectos devastadores”, salienta, engadindo que malia todo hai casos nos que os hackers teñen un papel positivo. Son os piratas éticos ou de sombreiro branco, que empregan as súas habilidades e coñecementos para identificar vulnerabilidades nos sistemas e redes informáticas, e despois traballan coas organizacións para solucionalas. “Esta práctica axuda a mellorar a seguridade dos sistemas e protéxeos de ataques maliciosos”, adianta o experto, engadindo que “o hacktivismo é outra forma de piratería na que os piratas usan as súas habilidades para promover causas sociais ou políticas”. Por exemplo, o grupo Anonymous, “que ten como obxectivo organizacións e gobernos que consideran que están a realizar comportamentos pouco éticos, como censurar Internet ou suprimir a liberdade de expresión”, sinala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?