
Eva López Barrio é licenciada en Ciencias Económicas pola USC e desde 2012 é titora das Axudas Emega da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, apoiando a consolidación de empresas femininas beneficiarias desta axuda.
As persoas asistentes, a través dunha metodoloxía participativa, contarán cunha visión completa sobre cales son os elementos para ter en conta na elaboración de propostas con perspectiva de xénero e as claves para desenvolver cada unha delas. Durante a sesión, dirixida a persoal do CITIC, Eva López, fará unha introdución sobre conceptos clave como sexo e xénero e a incorporación da perspectiva de xénero á xestión de persoas e a actividade investigadora. Asemade, abordarase a perspectiva de xénero desde o punto de vista organizativo, como incorporala á planificación estratéxica do centro, na selección de áreas de investigación e en achegar pautas sobre a igualdade de oportunidades. A incorporación da perspectiva de xénero na actividade investigadora e o proxecto Innovativa 8.3 serán outros dos temas que se traten nesta sesión, para a que as persoas que o desexen poden inscribirse no formulario habilitado polo CITIC.
O CITIC acollerá unha xornada para analizar a perspectiva de xénero na investigación
Compartir Este Artigo

