Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra acollerá por vez primeira a expo-feira A ciencia que vén
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra acollerá por vez primeira a expo-feira A ciencia que vén

S. P.
Publicado: 20/05/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_pontevedra_pocienciaqueven1.jpgA Universidade de Vigo organizará por vez primeira en Pontevedra a expo-feira A ciencia que vén, o venres 31 de maio. Nesta xornada, a praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que diferentes grupos de investigación, entre os que se atopan atlanTTic ou o CINTECX, ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar.
O evento desenvolverase entre 16.30 e as 19.30 horas e comprenderá tamén dúas presentacións de libros divulgativos e un coloquio sobre a alimentación do futuro, así como un xogo de rol sobre as consecuencias da crise climática, que terá lugar no Museo de Pontevedra.
Organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) da UVigo, esta feira científica forma parte do programa anual de actividades 2023/2024 do plan Ciencia de Ida e Volta e conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello de Pontevedra. Baixo o lema de Inflorescencia, neste evento outórgase especial importancia o papel da muller na ciencia e na investigación, ofrecendo unha vez máis a posibilidade de achegarse ao labor das investigadoras da Universidade, e despois de celebrar en Vigo as súas dúas primeiras edicións, trasladase neste 2024 a Pontevedra.
14 postos
Física, bioloxía, enxeñaría, telecomunicacións, historia e medio ambiente constitúen as liñas temáticas dun evento que arrancará na mañá do venres 31 coa visita do alumnado dos CEIP Bacelos e Froebel aos postos nos que 14 grupos de investigación darán a coñecer o seu labor, abríndose pola tarde ao público xeral.
Entre outras propostas, esta expo-feira permitirá explorar as propiedades da contorna cunha cámara termográfica, da man do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do CINTEXC; ver mostras de tratamento de augas co grupo Biosuv e achegarse ás aplicacións clínicas de biomateriais e dispositivos biomédicos co grupo Novos Materiais FA3, tamén do CINTECX. O grupo XB2, do Centro de Investigación Mariña (CIM) proporá aos e ás visitantes construír unha dobre hélice de ADN con gominolas, mentres que o grupo de Filoxenómica do CINBIO levaraos a visualizar a estrutura do ADN a partir dun anaco de plátano. Así mesmo, o Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial, de atlanTTic, promoverá unha exhibición de pequenos satélites realizando manobras de balanceo, mentres que o Mapas Lab convidará a explorar a evolución da vida na Terra pintando réplicas en escaiola de fósiles ou participando nun “xogo de supervivencia”.
Este conxunto de actividades divulgativas permitirán tamén coñecer proxectos de investigación internacionais como Agrosus que, da man do grupo BEV1, levará a explorar a diversidade agroecolóxica de Europa. Do mesmo xeito, o grupo BiotecnIA promoverá unha serie de actividades centradas nas súas liñas de estudo sobre o aproveitamento de residuos producidos nas industrias e a obtención de produtos de alto valor a partir de insectos comestibles. Ao mesmo tempo, esta expo-feira permitirá coñecer as investigacións que o grupo Geotech, do CINTECX, centra na monitoraxe de transporte con drons ou no desenvolvemento de ferramentas de dixitalización para a planificación de construcións.
Neste abano de propostas insírese tamén o obradoiro no que o Post-Growth Innovation Lab convidará a crear pezas artísticas con “materiais inspiradores para o coidado medioambiental” e a piscina de bolas na que o Grupo de Ecoloxía Animal animará os participantes a coñecer a biodiversidade do solo localizando bacterias, fungos e animais. Da man do grupo Griles, será posible achegarse ás características da lingua de signos española e o contexto social e cultural no que se desenvolve, mentres que no espazo do grupo HC1 poderán observarse as flutuacións demográficas da provincia de Pontevedra e unha prospectiva de como será en 2100.
Xunto a esta serie de obradoiros e xogos, a feira contará cun espazo no que terán lugar dúas conversas centradas en libros divulgativos promovidos ao abeiro do plan Ciencia de Ida e Volta. En primeiro termo, ás 17.30 horas terá lugar unha presentación de Quero ser unha investigadora 4, na que a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, manterá unha conversa con algunhas das protagonistas da publicación.
A continuación, integrantes dos grupos GETS-IT e Post-Growth Innovation Lab presentarán o Minidicionario de xustiza social. Tamén neste espazo, ás 19.00 horas terá lugar a charla A alimentación do futuro? O papel dos insectos na industria alimentaria, a cargo do investigador Nuno Muñoz, do grupo BiotecnIA.
En caso de chuvia, estas tres actividades trasladaranse ao Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, onde a partir das 17.00 horas terá lugar o xogo de rol Alá ti!, centrado nas consecuencias da crise climática. Promovido polo Post-Growth Innovation Lab, trátase da única actividade que require de inscrición previa e está dirixida a maiores de 16 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?