Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha guía dixital de coidados para mascotas imponse no Santander X Explorer UDC 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha guía dixital de coidados para mascotas imponse no Santander X Explorer UDC 2024

S. P.
Publicado: 20/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_foto_1-premio-ganador.jpgO programa Santander X Explorer UDC 2024, programa de Santander Universidades, co que a UDC colabora desde hai 9 anos, rematou a edición deste ano coa posta en valor dos sete proxectos finalistas, que defenderon os seus traballos de emprendemento ante o xurado. A edición contou con 27 inscricións e 15 proxectos, e chegaron á final 9 explorers con 7 proxectos, que defenderon ante o xurado a pasada semana. Segundo valorou o equipo encargado da súa avaliación, foron 7 proxectos de “gran calidade”.
A listaxe está formada por me (proxecto de María del Carmen Cambón Rodríguez, consistente nun proxecto de consultoría de comunicación e mercadotecnia dixital que axuda a que as pemes usen as novas ferramentas e tecnoloxías na comunicación dixital), Colykke (de Candela Giz Rodríguez e Carla González Roca, trátase dun mercado en liña para pequenas e medianas empresas de moda e deseñadores emerxentes, onde o consumidor pode atopar unha grande variedade de estilos e prezos), Dressmocrazy (de Ana Mazarías Regueiro e Eduardo Cambil Pascual-Terrats, unha aplicación web de alugueiro e venda de roupa de segunda man), Fidely (de Gabriel Fernández Blanco, unha aplicación móbil que reúne todos os programas de fidelización dos establecementos de preferencia dunha persoa), Mas+cota (de Clara María Bode Gómez, unha guía dixital para xestionar os coidados e necesidades dos animais de compañía), Moon (de Eduardo Adolfo Tella Vidal, unha marca de roupa orientada á produción local e rexeitamento da subida de prezos cun proxecto chamado sistema Reconvert, destinado ao tratamento de residuos téxtiles coa posibilidade de asociación e afiliación doutras marcas) e Suidade Deseño Galego (de Yolanda Blanco Pereiro, unha marca galega de accesorios artesanais en madeira e coiro, inspirados deseñados e fabricados en Galicia, cooperando con pequenas empresas familiares do rural).
O proxecto gañador foi Mas+cota, de Clara María Bode Gómez, estudante do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto do Campus Industrial de Ferrol; a segunda clasificada foi Yolanda Blanco Pereiro, estudante do grao en Xestión Industrial da Moda, tamén do Campus Industrial de Ferrol, por Suidade Deseño Galego; e o terceiro posto recaeu en Eduardo Adolfo Tella Vidal, estudante do Grao en Ciencias Empresariais do Campus da Coruña, por Moon, quen tamén se fixo co premio ao Reto UDC Dous minutos con… polo seu vídeo breve explicativo do proxecto.
Os premios consistiron nunha tableta, un suadoiro e un diploma acreditativo para a gañadora; e un suadoiro e diploma acreditativo para segunda e terceiro clasificados. Ademais, todos os proxectos finalistas serán valorados por un xurado de SantanderX, que escollerán 30 proxectos para lanzar unha campaña de micromecenado (crowdfounding) co seu acompañamento.
A entrega de galardóns contou coa asistencia da vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da UDC, María José Lombardía, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana isabel Ares pernas; e o concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego Vázquez.
O Programa Explorer está dirixido ao alumando de grao, posgrao e PDI que queira crear oportunidades laborais a través do emprendemento, e poida desenvolver unha idea de negocio que contribúa a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
Esta iniciativa axuda a experimentar o emprendemento como opción profesional e como xeito de independencia económica. Para conseguilo, os participantes traballaron sobre a idea xunto cos 18 mentores do programa, 10 deles persoal docente e investigador da UDC, durante 12 semanas, co obxectivo de validala e verificar se se pode converter nun negocio viable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?