Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e a OEI analizan as potencialidades e riscos da IA na educación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e a OEI analizan as potencialidades e riscos da IA na educación

S. P.
Publicado: 21/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

240521_dixital_07x.jpgEsta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inauguraba o Seminario Transformación dixital e Intelixencia Artificial na educación, organizado pola Xunta de Galicia co apoio da Organización de Estados Iberoamericanos para a educación, a ciencia e a cultura (OEI). Encamiñado a profesores de Secundaria de todas as especialidades, este encontro céntrase nos desafíos educativos aos que se enfrontan docentes e alumnado na actualidade, para o que é preciso “realizar un traballo de reflexión e análise para que comprendamos a repercusión da Intelixencia Artificial, entendéndoa como unha ferramenta fundamental na innovación educativa”, engadiu o representante da Xunta.
Román Rodríguez estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e fixo fincapé na importancia desta integración paseniña a través das formacións docentes, xa que a “función última da educación é asegurar que o alumnado se integre positivamente na sociedade e participe activamente nela, onde as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental e, polo tanto, tamén deben telo nos centros educativos”.
Neste senso, segundo o titular de Educación, “xa traballa o Goberno galego a través do programa de Polos Creativos, do proxecto EdugalIA, da acreditación de Competencia Dixital de alumnado e profesorado ou da implantación este curso das novas materias de Intelixencia Artificial para a sociedade en 4º da ESO e Tecnoloxías intelixentes en 1º de Bacharelato”.
Indo ao encontro en cuestión, dicir que participarán 14 expertos en investigacións sobre Intelixencia Artificial e a transformación dixital, a Consellería de Educación e a OEI buscando crear diálogos entre diferentes perfís investigadores e docentes de toda España con experiencia iberoamericana para adquirir novas ideas de aplicación nas respectivas comunidades autónomas. O Seminario poderá seguirse de maneira online a través da canle de YouTube de Educación da Xunta.
Os e as asistentes coñeceron na mesa redonda Unha IA para todos ou todos para unha sola IA? IA, inclusión e o papel da tecnoloxía na aprendizaxe, a opinión nesta materia da profesora de deseño dixital da Universidade Alfonso X, Clara Cordero; da investigadora do CiTIUS e profesora da Universidade de Santiago, Eva Cernadas; da coordinadora educativa en Escuela 21, Vanessa Lusa, e da enxeñeira Superior de Telecomunicacións, Beatriz Arias.
A responsable da liña de Matemáticas e Computación en EduCaixa, Marta García; o coordinador do máster de Liderado e Innovación Educativa da Universidade Ramón Llull, Miguel Ángel Prats; o catedrático e investigador en IA na Universidade da Coruña, Francisco Bellas; o investigador do Innovation Hub, Juan Freire, e o investigador do CiTIUS, Alejandro Catalá, falan sobre Non todo é IA: como saber se unha tecnoloxía serve na miña clase.
Pola súa banda, o catedrático da Universidade de Santiago na área de Ciencia da Computación e IA no CiTIUS, Alberto José Bugarín, exporá o seu parecer na conferencia De que falamos cando falamos de Intelixencia Artificial responsable?. O seminario rematará coa mesa de diálogo Que significa ser docente na era da IA? da man do profesor da Universitat Politècnica de Catalunya, Toni Hernández; o profesor da Universidade Alfonso X, Vicent Gadea, e os docentes en Intelixencia Artificial, Josefa Paulos e Óscar Manuel Rey.
O dito seminario educativo chegará ao seu fin o martes, 28 de maio, en horario de 16 a 19 horas de maneira online coa conferencia IA e ferramentas dixitais para ambientes innovadores de aprendizaxe, impartido polo docente de Matemáticas Álvaro Molina. Os e as asistentes poderán coñecer claves sobre a aprendizaxe automática na aula, metodoloxías activas, consideracións éticas e avaliacións con IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?