Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo busca novos talentos youtubers de divulgación STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo busca novos talentos youtubers de divulgación STEM

S. P.
Publicado: 22/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_iii_concurso_youtubers-1-1.jpgA Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo convoca o 3º concurso de vídeos Youtubers científicos. Esta iniciativa, que se enmarca dentro do plan anual Ciencia de ida e volta, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación, busca potenciar a capacidade de divulgación e comunicación social da ciencia por parte do persoal investigador da institución. O obxectivo é que, a través dun audiovisual de breve duración, as persoas participantes dean visibilidade ao seu traballo ou a outro contido de carácter científico ou tecnolóxico que consideren de relevancia para a cidadanía.
Os vídeos, que deben ser “divulgativos e amenos”, poden presentarse ao certame dende hoxe martes ata o vindeiro 5 de xuño. No referido ao formato, deben estar en MP4, gravados en horizontal e cunha duración máxima de dous minutos e poden estar tanto en galego como en castelán. Na súa elaboración, o persoal investigador poderá empregar toda clase de elementos que enriquezan o contido, o ilustren ou axuden a captar a atención da audiencia e non se poderán presentar traballos realizados por profesionais, axencias ou difundidos ou publicados con anterioridade á data do concurso.
Unha vez pechado o prazo de recepción, os vídeos subiranse á canle de YouTube da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, para a súa difusión e valoración por parte do público, que será o encargado de elixir unha das dúas propostas gañadoras. A outra será seleccionada polo xurado e ambas recibirán como premio cadanseu kit de produtos de iniciación para vlogging, valorado en arredor de 400 euros. O premio do público será para o vídeo que obteña máis gústame e estas votacións estarán abertas entre o 6 e o 10 de xuño de 2024. A decisión do xurado, que se anunciará o 14 de xuño, atenderá a criterios relacionados co contido, a creatividade e a calidade técnica das pezas audiovisuais.
As propostas deben enviarse a ucc@uvigo.gal indicando no asunto: Participación no concurso de vídeos Youtubers científicos. No corpo do correo será necesario indicar o nome e apelidos completos, DNI e un teléfono de contacto. As bases poden consultarse na web da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?