Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación reforzará o vindeiro curso o programa E-Dixgal do libro dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación reforzará o vindeiro curso o programa E-Dixgal do libro dixital

S. P.
Publicado: 22/05/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

edixgal_golnpxexkaazq5v.jpgA Consellería de Educación que dirixe Román Rodríguez anunciou que vai reforzar, de cara ao vindeiro curso 2024-2025, o programa E-Dixgal de libro dixital no sistema educativo galego. Farao cunha aposta consensuada onde primará a calidade dos contidos, a seguridade no acceso, a formación do profesorado e a información ás familias.
Así o sinalou o conselleiro con motivo da presentación dun estudo censal entre case 70.000 alumnos sobre a incidencia do emprego do libro dixital nos resultados académicos, así como da folla de ruta para levar á práctica este programa. “É o resultado de escoitar á comunidade escolar nos últimos días en xuntanzas de traballo con representantes das anpas, cos equipos directivos dos centros e cos coordinadores Abalar”, sinalou. Na presentación estivo acompañado polo director da AMTEGA, Julián Cerviño; polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
O titular de Educación explicou que o modelo educativo galego está asentado “como un modelo híbrido onde conviven o analóxico co dixital, dando así cumprimento aos requirimentos normativos europeos e estatais, xa que tanto o Consello de Europa como as leis e os currículos españois sitúan a competencia dixital como prioridade desde a infancia”. Para iso, dixo, “Galicia ten en marcha a Estratexia Educación Dixital 2030, cun conxunto de accións coordinadas enfocadas a xerar un ecosistema dixital e formar a profesorado e alumnado nestas novas competencias e tecnoloxías, entre as que se encontra E-Dixgal como unha ferramenta complementaria e voluntaria por parte dos centros”.
Román Rodríguez salientou que o ensino “non pode quedar ás costas do actual escenario tecnolóxico” xa que a competencia dixital “é unha obriga curricular” no marco europeo e estatal, así como “unha garantía de futuro persoal e profesional” na que hai que seguir traballando “de xeito colaborativo, con rigor, con diálogo e con coñecemento”.
Resultados parellos
Explicou que neste escenario enmárcase o estudo comparativo sobre a incidencia do libro electrónico no sistema educativo da nosa Comunidade, no que se analizaron os datos consolidados correspondentes ao cursos 2021-22, das notas medias globais dos alumnos dos centros públicos galegos adheridos ou non a E-Dixgal.
Logo de avaliar as cualificacións dun total de 70.000 estudantes de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO, o estudo constata que “os resultados de rendemento escolar son practicamente idénticos en centros E-Dixgal e non E-Dixgal, cunha tendencia a favor dos primeiros dalgunhas décimas”.
Estas diferenzas, explícase, “teñen un maior impacto naqueles centros E-Dixgal que levan catro ou máis anos no programa”. Así, as notas medias globais do alumnado son semellantes estuden ou non con libro electrónico e, de haber algunha diferenza, esta sempre é a favor do alumnado de centros E-Dixgal, “algo que se fai máis evidente naqueles que levan máis anos no programa”, salienta a investigación, que analiza por separado os centros que levan entre 1 e 4 anos adheridos a E-Dixgal e os que o implantaron hai máis de catro cursos.
Mellora de contidos
e-dixgal.jpg No encontro cos medios de comunicación tamén se avanzaron as novas accións para reforzar o programa E-Dixgal co fin de continuar perfeccionando o sistema, sobre todo no que atinxe aos contidos, ao asesoramento e apoio aos centros educativos, á formación do profesorado e á información ás familias.
Así pois, de cara ao vindeiro curso, a Xunta está traballando xa na mellora dos contidos dixitais, “tanto no que atinxe á súa calidade como variedade”. Para iso, estase ultimando unha nova licitación de contidos por un importe de preto de 4 millóns de euros.
Paralelamente, a Consellería está traballando na nova plataforma Creagal, de recursos dixitais de calidade en aberto, nun dossier deseñado para uso dixital ou impreso con todas as materias e todos os niveis, e na supervisión permanente de contidos que implicará un procedemento continuo de revisión por parte de expertos docentes con coñecementos experiencia nas diferentes especialidades e áreas curriculares.
Formación do profesorado
Canto ao apoio ao profesorado, habilitarase un novo plan de formación específico de ensino dixital e reforzarase a figura do coordinador E-Dixgal. Tamén se continuará co proceso de acreditación de competencias dixitais do profesorado. Esta certificación está en marcha xa tamén para o alumnado, con probas para estudantes de 2º de Bacharelato e de 4º de ESO.
Co obxectivo de visualizar as boas prácticas e o traballo excelente, crearase o selo Centro de Excelencia E-Dixgal, que se converterán en centros piloto para a posta en práctica de novos recursos e a experimentación de novos avances, ao tempo que servirán como modelos inspiradores na convivencia do analóxico e o dixital para o resto dos centros.
Acompañamento ás familias
Dando cumprimento ás demandas das anpas, outra das liñas de traballo vai ser o reforzo da información, apoio e acompañamento ás familias, con formación específica sobre a competencia dixital e guías de uso dos dispositivos que se materializarán a través das Escolas de Nais e Pais. Tamén se incidirá no reforzo da navegación segura que blinde o acceso dos alumnos a información sensible ou desapropiada para a súa idade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?