Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO levará a fibra óptica a 3.364 vivendas e empresas de Sanxenxo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO levará a fibra óptica a 3.364 vivendas e empresas de Sanxenxo

S. P.
Publicado: 22/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fibra_optica_banda_larga_plan_unico_sanxenxo_abel_losada.jpgO plan Único-Banda Larga do Goberno estatal prosegue o seu proceso para achegar cobertura de fibra óptica e Internet ultrarrápida en toda a xeografía galega. A semana pasada o subdelegado do Gobierno, Abel Losada, fixo balance dos traballos en Pontevedra, con motivo dunha visita a Dorrón, Sanxenxo. Acompañado do tenente de alcalde Marcos Guisasola e da concelleira María Deza, Losada agradeceu a colaboración dos 61 concellos da provincia e da Deputación no avance da conectividade.
Desta volta visitou as obras que está a executar a empresa Avatel, concesionaria da convocatoria da subvención estatal do Plan ÚNICO 2022-2023. Ao acto asistiu tamén o delegado da empresa Juan Manuel González, quen explicou que ao longo dos próximos meses garantirá a conexión con fibra ata o fogar (tecnolóxica FTTH) cun mínimo de 300 Mbps dun total de 3.364 unidades inmobiliarias (vivendas ou empresas). A empresa está a traballar agora mesmo nun eixo que percorre Sanxenxo, Poio, Pontevedra (Lérez), Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.
Non concello de Sanxenxo, en concreto, quedarán conectadas cara finais de xuño un total de 700 unidades inmobiliarias e ao longo do ano un total de 1.064. Os cálculos indican que outras 900 vivendas e/ou empresa de Poio beneficiaranse da conectividade e o resto pola zona da parroquia de Lérez en dirección a Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade a partir da Piolla.
Abel Losada destacou que a Subdelegación do Goberno está a realizar un labor de coordinación entre as tres empresas que recibiron subvencións estatais para a despregadura do plan na provincia (Telefónica, Avatel e Rede Aberta) e que deben finalizar os traballos antes de decembro de 2025. O Goberno, ademais, lembrou o subdelegado, “garante a conectividade a través de ligazón satélite co Hispasat ás vivendas ás que sexa imposible chegar co tendido da fibra óptica”.
O subdelegado lembrou tamén que as subvencións do Plan ÚNICO-Banda larga están focalizadas a garantir a cobertura nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, aquelas con menor interese comercial e que non estaban asignadas a ningunha operadora.
Programa ÚNICO na provincia
O Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (UNICO) é a iniciativa marco desenvolvida polo Goberno de España ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para universalizar o acceso á banda larga ultrarrápida e a extensión da tecnoloxía 5G en todo o territorio.
Cun investimento superior aos 25 millóns de euros na provincia, as empresas adxudicatarias das tres convocatorias lanzadas no marco deste programa xa conectaron un total de 623.000 empresas e vivendas da provincia á fibra óptica de alta velocidade, o que supón que un 91% das unidades inmobiliarias de toda a provincia xa dispoñen de conexión a Internet ultrarrápida.
Espérase que antes de decembro de 2025, data na que finaliza o programa, estean conectadas o total das 682.000 unidades inmobiliarias da provincia de Pontevedra que ata hai tres anos non contaban con acceso a esta tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?