Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo da UVigo mellora a diagnose de doenzas con tecnoloxías IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo da UVigo mellora a diagnose de doenzas con tecnoloxías IA

S. P.
Publicado: 22/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sing_sadisir_uvigo_intelixencia_artificial_inouapl_copia.jpgPersoal investigador da Escola Superior da Enxeñaría en Informática do Campus de Ourense (UVigo) vén de dar forma a unha ferramenta que emprega Intelixencia Artificial e modelos de ML (Machine Learning) para mellorar a diagnose de doenzas a partir de imaxes de raios X. O proxecto, chámado Sadisir: Sistema de Automatización da Diagnose a partir de Signos Radiolóxicos, tamén automatiza a xeración de informes que amosan, de xeito conciso, a diagnose atopada.
No marco do grupo Sing (Next Generation Computer Systems Group) da Universidade de Vigo, o proxecto estivo dirixido por David A. Ruano e nel participaron as e os investigadores Tomás Cotos, Silvana Gómez e Reyes Pavón e os facultativos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense Diego Domínguez e José Manuel Fernández-Carrera.
A iniciativa contou con financiamento das axudas Inou, da Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Deputación Provincial, e tamén da Consellaría de Educación, Universidades e Formación Profesional no marco do financiamento estratéxico como grupo de referencia competitiva.
Segundo explican, “no eido da medicina, a interpretación precisa de signos radiolóxicos é fundamental para o diagnóstico eficaz de enfermidades. Con todo, a abafadora cantidade de datos radiolóxicos desafía a capacidade dos profesionais da saúde para analizalos exhaustivamente. Neste sentido, a Intelixencia Artificial e os algoritmos de aprendizaxe automática xorden como unha solución crucial”.
Neste contexto Sadisir foi desenvolvida para “ser capaz de determinar automaticamente os diagnósticos máis probables para o paciente a partir do signos radiolóxicos presentes nas imaxes de raios X e para xerar os informes clínicos específicos para cada paciente”. O protocolo experimental deseñado realizouse sobre o conxunto de datos PadChest, que proporciona unha colección de máis de 160.000 imaxes de radiografías de tórax e información clínica detallada sobre 67.000 pacientes, e nel optouse, polos resultados obtidos no adestramento realizado do modelo, por RandomForest como o algoritmo de clasificación máis óptimo neste caso.
O desenvolvemento deste sistema de apoio, indican, pretende axudar ao especialista médico na toma de decisións, xa que axiliza a identificación da diagnose e diminúe a probabilidade de erro nela, ademais de reducir sobrecarga de traballo, influíndo nunha mellora da calidade asistencial do servizo. “É importante ter en conta que as aplicacións orientadas ao ámbito sanitario teñen que ter unha taxa de falsos negativos moi reducida. Neste senso, todos os diagnósticos emitidos pola aplicación deben ser validados por un facultativo e o sistema dispón dun mecanismo de aprendizaxe continuo que se activa readestrando os modelos coa información obtida polo facultativo coa finalidade de mellorar a eficiencia do sistema, e por tanto, reducir os posibles erros”, comentan.
Co obxectivo de facilitar o uso da ferramenta a calquera tipo de usuario con independencia de seu nivel de dixitalización, a ferramenta embebeuse nunha interface gráfica de escritorio que permite indicar manualmente os signos radiolóxicos atopados na imaxe, mostrar graficamente a probabilidade de cada un dos diagnósticos, seleccionar o diagnostico máis apropiado e xerar o informe coa información do paciente, os signos atopados e a diagnose emitida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?