Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense e a AMTEGA xuntan forzas a prol do Centro de Ciberseseguridade de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense e a AMTEGA xuntan forzas a prol do Centro de Ciberseseguridade de Galicia

S. P.
Publicado: 23/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_ourense_240520_reunion_amtega.jpgO presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no despacho do Pazo Provincial ao director da AMTEGA, Julián Cerviño, así como a persoal directivo deste organismo dependente da Xunta de Galicia. Logo do encontro de traballo, celebrado este 20 de maio, Menor transmitiu que esta reunión “serviu para continuar reforzando a alianza que manteñen a Deputación e AMTEGA a prol do desenvolvemento tecnolóxico da provincia, a través do Centro de Ciberseguridade de Galicia que se construirá na Tecnópole”.
Segundo dixo, o inicio das obras desta nova infraestrutura é inminente, “polo que o importante é planificar o seu contido, algo para o que a Deputación participará activamente nos obxectivos do mesmo”.
Luis Menor sinalou que esta participación será visible en diversos eidos, “como por exemplo desenvolvendo os propios programas de ciberseguridade da institución provincial, prestando colaboración aos concellos”. Amais, fomentarase a colaboración público-privada, exercendo a Deputación un rol coordinador coas empresas provinciais. E, por último, Luis Menor salientou a2 dimensión educativa do Centro de Ciberseguridade, ampliando así a oferta da Facultade de Informática”.
Pola súa banda, Julián Cerviño recalcou que as administracións teñen que xogar un papel moi importante no eido da transformación dixital segura e a ciberseguridade nos municipios, “sobre todo porque as institucións provinciais teñen no seu ADN aos municipios, coa fin de achegar unha modernización tecnolóxica segura a todos os concellos. Por iso é fundamental a cooperación da Deputación para que desde a Xunta podamos desenvolver estes proxectos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?