Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a R a 123ª edición do Roland Garros a través de Eurosport 4K
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a R a 123ª edición do Roland Garros a través de Eurosport 4K

S. P.
Publicado: 23/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roland_garros_24_1920x1080.jpgR vén esta semana con grandes novidades. Primeiro informamos esta semana da estrea de Max na súa grella de plataformas e agora a operadora galega pon o foco nos deportes e achega aos seus clientes, a partir do 26 de maio, o Roland-Garros a través de Eurosport 4K.
Deste xeito, as e os clientes de TV Total de R poderán gozar, máis unha vez, coa máxima calidade de imaxe, da 123a edición do mítico torneo de tenis, que emite ao completo e en directo Eurosport dende o domingo 26 de maio ata o 9 de xuño en París.
R explica que a ampla cobertura de Eurosport nas súas canles (Eurosport 1, dial 70, e Eurosport 2, dial 71) durante as dúas semanas nas que se desenvolve o segundo Grand Slam do ano estará encabezada polos/as seus/súas expertos/as Álex Corretja, Carla Suárez, Nico Almagro, Anabel Medina e un amplo equipo de comentaristas. Ademais, a operadora galega engade que ao rematar cada xornada, o programa Pasando bolas traerá a análise da actualidade de Roland-Garros en Eurosport 2.
Por outra banda, o campionato Grand Slam tamén estará dispoñible a través de Eurosport 4K no dial 69 para os/as clientes/as de TV Total sen custo adicional, onde emitirá todos os partidos que se disputen sobre terra batida da pista central Phillippe-Chatrier en ultra alta definición, grazas á diferenciación que proporciona a tecnoloxía 4K combinada coa calidade da rede de R.
Por outra banda, os partidos poderanse ver ata en 6 dispositivos, e a comunidade de seareiros do tenis terá ao alcance da súa man (unha e outra vez) os seus momentos máis emocionantes grazas a funcionalidades como gravación, rebobina (volver ao comezo dun programa xa empezado) ou últimos 7 días (acceso á programación emitida durante a última semana), dispoñibles nas canles Eurosport 1 e Eurosport 2.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?