Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra volverá ser a capital dos videoxogos e a cultura friki coa 3ª edición do Lérez Up
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra volverá ser a capital dos videoxogos e a cultura friki coa 3ª edición do Lérez Up

S. P.
Publicado: 24/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lerezup23_photos-36.jpgA organización da feira Lérez Up anunciou a súa terceira edición para 2024 marcada pola novidade do cambio de datas. Este ano, o Recinto Feiral de Pontevedra abrirá as portas aos videoxogos e a cultura friki a finais de setembro. O pasado verán a Lérez Up reuniu a máis de 4.000 persoas na segunda edición, enchéndose de apaixonados da cultura xaponesa, dos videoxogos, do manga e do anime.
En palabras da organización (Gaming Troop e Concello de Pontevedra), “este punto de encontro volverá contar coa presenza de diferentes asociacións que ofrecerán un abano de actividades para todos os gustos: torneos, xogos de mesa, cosplay, karaoke, xogos independentes e máis”.
Nun plano máis concreto, o evento incluirá torneos de videoxogos recoñecidos a nivel estatal e internacional, como o Super Smash Bros Ultimate, League of Legends, Valorant e, como novidade, un torneo do Tekken 8, a famosa franquía de pelexas que estreou xogo a principios de ano. Os xogos de mesa, e de maneira específica o xogo de cartas Magic The Gathering, terán o seu espazo único no recinto con varios torneos e programación propia.
lerezup23_photos-188.jpgCharlas e obradoiros compartirán escenario coas persoas que participen no concurso de cosplay. Este ano as cosplayers convidadas e xurado profesional que premiará á mellor caracterización do concurso son, por unha banda, Kaisiwiwi e MeryNyan, dúas profesionais do cosplay que foron elixidas como representantes de España para a World Cosplay Summit 2024; e pola outra, Akurin, unha xogadora que gañou numerosos premios e traballou con Blizzard na Overwatch Cosplay Battle.
lerezup23_photos-96.jpgAdemais, as persoas asistentes tamén poderán visitar e coñecer aos pequenos creadores que expoñan a súa arte, ilustración e artesanía de todo tipo. As inscricións para os stands de artistas están pechadas, con máis de 120 solicitudes recibidas, e nas vindeiras semanas coñeceranse os seleccionados.
A información sobre o programa e as actividades desvelarase pouco a pouco a través das redes sociais dos organizadores, en Twitter e Instagram baixo o nome de @gaming_troop, e na páxina web da feira.
cartel_le_rez_anuncio.jpg

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?