Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xestores dixitais de 33 universidades debaten en Vigo sobre redes sociais e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xestores dixitais de 33 universidades debaten en Vigo sobre redes sociais e comunicación

S. P.
Publicado: 24/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rederas_vigo.jpgAs persoas xestoras de redes sociais institucionais do ámbito universitario e docent teñen un punto de encontro do simposio Rederas. Despois dunha primeira edición en Murcia, este ano a organización do evento corre a cargo da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. Esta semana (ata hoxe venres), 33 responsables da xestión das redes sociais de universidades españolas danse cita neste foro que se celebra no edificio Redeiras para analizar os retos, novas tendencias e boas prácticas relacionadas co uso das RRSS como “canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluída coa comunidade universitaria”.
O encontro foi inaugurado pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e polo presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa. Valderrama deu a benvida ás e aos asistentes e agradeceu o apoio do Consello Social para facer posible “esta reunión das e dos community manager das universidades españolas, que son a voz, o rostro oculto que está do outro lado das RRSS e dos soportes dixitais”.
O presidente do Consello Social recordaba que “entre os maiores obxectivos aos que debe aspirar unha universidade está o recoñecemento, o aprecio e a confianza da sociedade que a sostén, porque é aí onde se xogan os seus resultados e tamén os seus recursos, é onde está a base de todo o demais”. Para acadar este recoñecemento, Pedrosa considera esencial a visibilidade, “unha visibilidade que se consegue a través da comunicación”, convertendo as propias institucións “nun material informativo fluído e transparente para que a sociedade as entenda, as integre, as queira e as senta útiles”.
O encontro estrutúrase en catro eixos temáticos: Novas narrativas e tendencias; Como medimos en redes sociais?; Intelixencia artificial e Boas prácticas.
Tras o acto de apertura arrancou o primeiro dos bloques, da man de Ferrán Llunell, da Universitat Pompeu Fabra e Amparo Soriano, da Universitat Jaume I, que falaron sobre os novos horizontes na busca de información que van máis aló de Google; e de Pepa González Oliva, da Universidad de Castilla-La Mancha, que se centrou no presente, o futuro e a morte das redes sociais. A mañá completouse coa intervención de Mercè Guillén, da Universitat Oberta de Catalunya, que foi a encargada de falar sobre como medir as redes sociais.
A xornada de tarde trasladouse ao campus e, tras unha visita á sede de ANFACO, arrincou a sesión sobre a Intelixencia Artificial, na que interviñeron Itziar Romera Gómez, da UNED, que falou sobre IA e a as novas ferramentas informativas nas universidades e nos centros de investigación; e Emmanuel Joven, da axencia Bap Conde, que analizou o potencial da IA xenerativa para creadores de contidos. Amais, Javier Moñino, da Universidad Católica San Antonio de Murcia, debateu sobre Copilot como ferramenta para crear contido en redes sociais de universidades. O programa pechou coa intervención como conferenciante convidado de Pablo Vilar Pequeño, da axencia Marco, cun relatorio titulado Tempo real e mundo real: rapidez + contexto en RRSS.
Este venres o foro regresará ao edificio Redeiras, cunha sesión sobre boas prácticas na que se presentarán exemplos de traballos e propostas postos en marcha polas universidades participantes. Neste bloque, Rodolfo Martínez Gras, da Universidad de Alicante, presentará a II Enquisa a profesionales da comunicación en RRSS de universidades españolas, mentres que Itziar Romera Gómez, da UNED, falará sobre IA aplicada aos departamentos de comunicación e RRSS. Pola súa banda, Amparo Soriano, da Universitat Jaume I, presentará o proxecto ComuniCAUJI. Ambaixadores i ambaixadors del campus, mentres que a vicerreitora da UVigo, Mónica Valderrama, a miniserie de TikTok da UVigo, UVigoShow.
O encontro pecharase con outra conferencia convidada, desta volta, da man de Xiana Vidal, da Agencia Trend, que falará sobre contido creativo en redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?