Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña axudará a 15 persoas emprendedoras TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña axudará a 15 persoas emprendedoras TIC

S. P.
Publicado: 27/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

transformacion_dixitalizacion.jpgA Cámara de Comercio da Coruña lanzou o programa Impulsa Startup para axudar ata a 15 emprendedores que teñan unha idea de negocio de base tecnolóxica axudándolles a facer realidade os seus proxectos.
O programa ofrece apoio e acompañamento, tanto na fase inicial do proxecto como no seu desenvolvemento, ata construír un produto mínimo viable (MVP) para testear en mercado.
Co-financiado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa de Educación e Formación, Emprego e Economía Social 2021-2027, Impulsa Startup tamén ofrece axuda a empresas emerxentes que xa teñen un MVP para acelerar o seu proceso de crecemento e presentarse ante business angels e investidores.
Dúas fases
Impulsa Startup consta de dúas fases que abranguen desde a maduración da idea de negocio ata a presentación a investidores.
A primeira fase, Crea e Crece, está destinada a emprendedores cuxa idea de negocio teña marxe de adaptación a cambios e demandas específicas, é dicir, a tecnoloxía debe ter un papel protagonista no posterior crecemento e expansión da futura startup. Esta fase inclúe unha formación de 36 horas que permita evolucionar a idea de negocio ata crear un proxecto concreto. Para iso, as persoas emprendedoras contarán co apoio dun titor da Cámara da Coruña, así como con mentores con quen aprenderá a validar as distintas fases do proxecto co obxectivo final de construír un mínimo produto viable.
A segunda fase, Despega, está destinada a proxectos que teñan MVP ou un prototipo testeado no mercado, que poderán comezar a desenvolver.
A persoa emprendedora beneficiarase de mentorías personalizadas con expertos en materias adaptadas ás necesidades de cada empresa emerxente. A partir de aí, comezará a prospección de financiamento e a procura de investidores, ademais de fixar un plan de medre que incluirá unha estratexia de marca, así como a conexión con novas firmas innovadoras e grandes empresas. Desta forma, axudarase aos emprendedores na preparación e presentación do proxecto a mentores e investidores.
Aqueles emprendedores que finalizasen todo o itinerario da fase Crea e Crece poderán presentar o seu proxecto ante un xurado que será designado pola Cámara de Comercio.
Os membros do xurado, a data, hora e lugar na que terá lugar esta presentación e os criterios de avaliación anunciaranse na web da a Cámara de Comercio da Coruña con antelación á celebración da xornada.
O proxecto que sexa designado gañador, a criterio do xurado, recibirá un premio económico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?