Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC seguirá brindando IA á Autoridade Portuaria da Coruña para mellorar a súa operatividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC seguirá brindando IA á Autoridade Portuaria da Coruña para mellorar a súa operatividade

S. P.
Publicado: 27/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_20240527-1-convenio_geama.jpgA Universidade da Coruña (UDC) asinou este 27 de maio un convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña que busca “mellorar a operatividade portuaria das instalacións coruñesas, con especial atención ao porto exterior de Punta Langosteira”.
O convenio foi asinado polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, nun acto no que tamén estiveron presentes o xefe do Departamento de Sostibilidade da entidade, Andrés Guerra; e o investigador principal do proxecto e membro do Grupo de Investigación en Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da UDC, Enrique Peña, grupo a través do cal se asina o convenio.
O reitor da UDC destacou a colaboración que desde hai anos están desenvolvendo xunto coa Autoridade Portuaria da Coruña, tanto co Grupo Geama como co CITEEC, o CITIC e o CITENI, centros de investigación da UDC.
“Este novo acordo” , sinalou Cao, “parte dos resultados positivos acadados con outras colaboracións previas con este grupo de investigación. Agora damos un paso máis, tendo en conta o aumento do espazos e tráfico no Porto Exterior, actualizando as ferramentas preditivas que utiliza o porto e incorporando novos desenvolvementos e técnicas de Intelixencia Artificial”.
Enrique Peña aproveitou para agradecer á Autoridade Portuaria o apoio que dá á Universidade da Coruña desde hai anos, e puxo o foco no obxectivo de “ter un porto máis eficiente, que xere máis tráfico, maior movemento e que o faga coas maiores garantías”. Isto, engadiu, é unha realidade co desenvolvemento das ferramentas desenvolvidas ao amparo deste convenio, que permiten, entre outras cuestións, xestionar as mellores localizacións de carga e descarga, minimizando as incidencias, con tres días de previsión. Para iso, engadiu, existe un pormenorizado sistema de monitoraxe de buques (un total de 117) e de sensórica en distintas zonas portuarias.
Con este novo acordo de colaboración, explicou Peña, introducimos novos elementos, tendo en conta novas situacións do Porto Exterior da Coruña, como as novas infraestruturas que se porán en marcha en Langosteira, e ao igual que todos os portos do mundo, debemos ter en conta os efectos que se poden derivar do cambio climático e o seu impacto na subida do nivel do mar.
Pola súa banda, Martín Fernández Prado, amosou o seu agradecemento á UDC por esta axuda e traballo conxunto dos grupos de investigación, que están en primeiro nivel mundial. “Podemos sentirnos orgullosos deste traballo iniciado en 2019 e agora que nos veñen novos retos, queremos continuar a colaborar coa Universidade da Coruña co obxectivo de seguir perfeccionando a operatividade do porto, que é o máis operativo de toda a cornixa cantábrica grazas ao traballo do GEAMA”.
O novo convenio, asinado por 4 anos ata agosto do 2028, comprende unha dotación económica de 460.000 euros, co que ambas as dúas institucións pretenden seguir perfeccionando a operatividade do porto, que lembrou ten operado desde 2012 un total de 1.800 barcos e mobilizado 25 millóns de toneladas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?