Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo impulsa un congreso internacional sobre o potencial da IA contra a desinformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo impulsa un congreso internacional sobre o potencial da IA contra a desinformación

S. P.
Publicado: 28/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pocongresosepcom.jpgO grupo de investigación Sepcom e o grupo de innovación docente Dixitais, da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra, van organizar un congreso internacional que porá o foco nos retos e as oportunidades que achega a Intelixencia Artificial na loita contra a desinformación. Será os días 20 e 21 de xuño.
Encadrado nas actividades da Cátedra UNESCO Educación transformadora: ciencia, comunicación e sociedade, da Universidade de Vigo, este II Congreso Internacional de Comunicación en la Sociedad Digital terá como un dos seus eixes centrais “o problema da desinformación como un dos desafíos claves que deben afrontar as sociedades contemporáneas”. Mais concretamente, este foro virtual fará fincapé nas implicacións que poden ter neste eido as ferramentas de IA, que poden supor un, sinalan, “grave perigo”, pola súa capacidade de xerar informacións falsas “dificilmente distinguibles da realidade”, pero tamén “unha ferramenta de utilidade para combater este fenómeno”, explican dende a organización do evento.
Dirixido por Alberto Dafonte e María Isabel Míguez, este congreso virtual foi impulsado por primeira vez o pasado ano, no marco das actividades do proxecto Narrativas digitales contra la desinformación verificación de datos y alfabetización en la sociedad digital. A primeira edición contou coa participación de máis dun centenar de relatores de 14 países, o que levou aos seus promotores a dar continuidade a esta iniciativa. Xa fóra do proxecto, esta segunda edición buscará, como apunta Dafonte, abordar “temáticas relacionadas coa comunicación na sociedade dixital máis diversas”, dentro das que prestarán especial énfase ás implicacións da lA neste eido. “No ámbito da comunicación en particular, está tendo uns efectos enormes, tanto a nivel de recepción por parte do público, como a nivel laboral, en empresas dos ámbitos do xornalismo, a publicidade ou deseño, que están a testar diferentes ferramentas”, engade o coordinador do grupo Dixitais.
Míguez engade que “se ben é sinxelo xerar desinformación utilizando ferramentas de Intelixencia Artificial, que dificultan ademais que se identifique como tal, as entidades de verificación e os propios medios de comunicación tamén están recorrendo a ferramentas de IA para a detección de noticias falsas; de aí que se teña convertido nun terma central de investigación e ao que se prestará especial interese nesta segunda edición dun congreso que, polo seu carácter virtual, facilita a participación de investigadores de diferentes universidades” e de persoas que se atopan “en fases iniciais da carreira investigadora”, apunta o investigador.
Coa inscrición aberta, os directores deste congreso agardan repetir as cifras de participación da primeira edición, nun evento que poderá seguirse de xeito gratuíto a través dunha plataforma virtual. Xunto ás conferencias plenarias, o congreso estruturase en dez simposios temáticos, nos que os inscritos e inscritas poderán atopar as comunicacións e presentacións en vídeo dos diferentes relatores e relatoras, que poderán consultarse ao longo das dúas xornadas, así como realizar preguntas aos seus autores e autoras. Entre as liñas de análise propostas atópanse tanto o papel da Intelixencia Artificial como xeradora de “innovacións xornalísticas”, como en materia de alfabetización mediática ou na “xestión de reputación e activos intanxibles”. Así mesmo, outros bloques temáticos estarán centrados na comunicación política, desinformación e redes sociais, na ética no xornalismo dixital, no activismo social en internet ou nos “retos dixitais” da publicidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?