Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Rivas fai un chamamento a tirar proveito do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Rivas fai un chamamento a tirar proveito do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 28/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maria_rivas_en_azure_tech.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá o invernadoiro e as instalacións que a empresa tecnolóxica Azura Tech ten no concello coruñés de Zas, e da man da súa impulsora, Cristina Gil, puido coñecer de primeira man aactividade desta consultora agrotech que pon a tecnoloxía ao servizo da produción agrícola.
A subdelegada informou durante a visita de que o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través do organismo Red.es, vén de ampliar os potenciais beneficiarios do programa Kit Dixital ás empresas que teñan entre 50 e ata 250 persoas empregadas. A todas elas, a subdelegada animounas a solicitar estas axudas, que xa mobilizaron máis de 107 millóns de euros en Galicia a través de 25.800 bonos, 9.700 deles na provincia da Coruña, onde o investimento supera os 41 millóns de euros.
Engadiu que unha das novidades da última convocatoria do programa é que ademais da creación de dous novos tramos (para empresas de 50 a menos de 100 empregados e para as de entre 100 e 250 empregados), con axudas de ata 25.000 e 29.000 euros respectivamente que se poderán solicitar no último trimestre do ano, apuntou tamén que as empresas de menos de tres empregados (como é o caso de Azura Tech), verán incrementado o importe da axuda ata os 3.000 euros. Seguindo este fío, dixo que no caso das que xa tivesen concedida a axuda de 2.000 euros, poderán ampliala nese mil euros a través dun botón específico que se habilitará no seu expediente. A concesión será automática e o formulario estará dispoñible o vindeiro mes de xuño.
Rivas indicou que “a maiores, dentro deste segmento, créase a solución posto de traballo seguro, cunha contía máxima subvencionable de 1.000 euros para financiar a compra de computadores portátiles ou de sobremesa cunha serie de requirimentos que garantan a seguridade e privacidade dos datos almacenados no mesmo
Azura Tech, conta cun invernadoiro de 50 metros cadrados no que esta pequena empresa de base tecnolóxica desenvolve estudos sobre o consumo de auga de especies autóctonas de pementos e tomates, así como a resistencia ás pragas ou ás virosis. Ademais este traballo está desenvolvido a través de ferramentas de Intelixencia Artificial que fan monitoraxe en todo momento do crecemento das especies e facilitan o estudo das mesmas. O obxectivo final é “fomentar a agricultura ecolóxica, pondo a información recollida a disposición das e dos produtores ou doutras empresas de asesoramento para a aplicación de solucións para os cultivos de vexetais”.
María Rivas subliñou a importancia de ver in situ a aplicación práctica de Intelixencia Artificial para o desenvolvemento das pequenas iniciativas de emprendemento do noso rural, neste caso aplicadas tamén ao sector primario. “Podemos ver como a IA convértese nunha aliada da produción en ecolóxico e que axudará sen dúbida á fixación da poboación a través da dinamización da economía local e da xeración de emprego”, sinalou Rivas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?