Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo sobre as Power Apps de Microsoft, nun novo curso de Vitae este mes de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo sobre as Power Apps de Microsoft, nun novo curso de Vitae este mes de xuño

S. P.
Publicado: 28/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

low_code_power_apps_microsoft_vitae.jpgVitae Consultores, consultora galega especializada no ámbito tecnolóxico, vai organizar este mes de xuño unha actividade formativa que nos converterá en expertas/os nas novas ferramentas avanzadas de Microsoft. O curso Dominando Microsoft Power Apps, de 12 horas de duración, levarase a cabo os días 18, 20, 25 e 27 de xuño de 2024. O miolo da actividade será Microsoft Power Apps, plataforma integral de desenvolvemento de aplicacións que permite ás organizacións crear solucións personalizadas de maneira rápida e eficiente.
Vitae avanza que “partindo do conxunto de ferramentas de Microsoft Power Platform, Power Apps destácase pola súa capacidade para desenvolver aplicacións sen necesidade de coñecementos avanzados en programación, o que democratiza a creación de software e permite aos usuarios de negocio deseñar aplicacións que satisfagan as súas necesidades específicas”.
Vitae engade que Microsoft Power Apps clasifícase en tres tipos principais de aplicacións: as aplicacións lenzo, que permiten un control completo sobre o deseño da interface de usuario; as aplicacións baseadas en modelos, que se constrúen a partir de datos e procesos subxacentes para automatizar fluxos de traballo complexos; e as aplicacións de portal, que permiten crear sitios web externos interactivos.
power_apps_vitae.jpg A consultora galega engade que Microsoft Power Apps ofrece “unha solución potente e flexible para a creación de aplicacións personalizadas, axudando ás organizacións para mellorar a súa eficiencia operativa, facilitar a dixitalización de procesos e fomentar a innovación dentro dos seus equipos”.
Obxectivos do curso
-Aprender a crear aplicacións empresariais con Power Apps dunha forma amena e práctica, acelerar o desenvolvemento de aplicacións, mellorar a eficiencia operativa e adaptarse ás necesidades da empresa.
-Reducir custos dos desenvolvementos informáticos e fomentar a innovación na empresa.
A quen vai dirixido
vitae_instagram30.jpg O curso está dirixido a persoal de diferentes ámbitos empresariais interesado en mellorar os procesos e que desexan liderar a transformación dixital e optimizar operacións dentro das súas organizacións. Tamén estudantes e persoas doutros ámbitos interesados en dar un xiro ás súas carreiras. O curso ten unha duración de 12 horas, en 4 sesións de 3 horas. Desenvolverase en formato de aula virtual online con clases en directo.
Gravaranse as sesións para poder consultalas de forma ilimitada unha vez finalizado o curso.
As persoas encargadas de impartir os contidos serán Yolanda Cuesta Altieri e Christian Fernández.
Yolanda é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Valladolid, con especialización en Dirección Comercial, amais de certificada en Aptitude Pedagóxica, C.A.P. Especialidade: Economía. Máster de Dirección e Xestión de Actividades Turísticas pola UNED, Yolanda desenvolveu a súa carreira profesional como economista en compañías privadas acumulando máis de 20 anos de experiencia en postos de responsabilidade no departamento financeiro de varias empresas. Actualmente traballa en Creativity Spark, empresa consultora de tecnoloxía como junior developer coas ferramentas Microsoft PowerPlatform. Ademais, imparte formación tanto presencial como en liña sobre Excel, Power BI, Power Apps, contabilidade e fiscalidade desde hai varios anos.
Christian Fernández, pola súa banda, é arquitecto de solucións con experiencia de máis de 20 anos en sectores como Fabricación de Aeronaves, Financeiro, Protección Ambiental, Químico e Medios. Durante estes anos desempeñou diferentes roles pero principalmente deseñando e entregando sistemas baseados na plataforma Microsoft. Ultimamente especializouse en Power Platform e colabora con clientes para aproveitar ao máximo as súas implementacións. Recentemente recibiu o recoñecemento Microsoft MVP polas súas contribucións á comunidade, onde escribe habitualmente no seu blog e participa como presentador en varios eventos en España e Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?