Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma viguesa Innogando gana a VII edición de Venture on the Road
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma viguesa Innogando gana a VII edición de Venture on the Road

S. P.
Publicado: 29/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innogando_venture_of_the_road.jpgA startup viguesa Innogando foi a startup gañadora da VII edición de Venture on the Road, cuxa final celebrouse este 28 de maio no espazo que Wayra ten en Madrid.
Venture on the road é un evento itinerante organizado por BStartup de Banco Sabadell, SeedRocket e Wayra (Telefónica), aos que se suma como colaborador Google for Startups. Nesta edición, Venture on the road recalou en León, Elx, Palma de Mallorca, Donostia, Málaga e Vigo.
Innogando, que resultara no seu momento gañadora do evento de Vigo, competiu coas cinco novas firmas innovadoras elixidas nas demais cidades. A viguesa aplica unha tecnoloxía avanzada baixo un modelo B2B para facer monitoraxe e localizar gando, promovendo a rastrexabilidade e máis a sustentabilidade para consumidores finais, e mellorando a eficiencia e as prácticas agropecuarias sostibles.
Ao resultar vencedora nacional, recibirá como premio un pack de axudas por parte de todos os socios que conta con asesoramento especializado en finanzas ou mercadotecnia por valor de 3.000 euros ofrecido por BStartup; participación como proxecto convidado no Campus de Emprendedores e 3 horas de asesoramento de SeedRocket; acceso durante 6-12 meses ás oficinas de Wayra, así como un convite preferente aos seus eventos patrocinados, axenda de contactos e participación nos seus obradoiros e formacións; acceso a Google for Startups no Campus de Madrid durante 6 meses e 2 sesións de mentoría co seu equipo para identificar posibilidades de crecemento. Tamén será parte do programa nativos dixitais de Google Cloud, contando con ata 100.000 $ en créditos válidos durante 9 meses, revisión de arquitectura e seguimento técnico cos seus enxeñeiros, así como acceso prioritario a formación avanzada dos programas de training de Google Cloud Platform.
O obxectivo de Venture on the road é buscar as mellores oportunidades de investimento de cada rexión e dar a posibilidade ás startups en fases iniciais de presentar o seu proxecto ante investidores e xerar unha rede de contactos profesionais de calidade.
No caso concreto desta VII edición que acaba de rematar, analizáronse 95 novas firmas innovadoras e contouse coa asistencia e participación de 120 investidores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?