
O conselleiro deu conta das “múltiples iniciativas” con “enorme resultado de éxito” que ten desenvolvido a Xunta para o impulso destes vencellos, a través coñecida popularmente como Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade con este fin no Parlamento de Galicia en 2014.
Precisamente no marco desta Lei, o conselleiro anunciou como actuación innovadora que a Xunta asinará proximamente un convenio co Instituto Camões para poder acreditar o nivel de coñecemento de portugués nos centros educativos de Galicia. Sobre isto, López Campos aclarou que, ata o momento, xa se teñen feito algunhas probas piloto por medio do programa Camões Junior en institutos de Educación secundaria, como o Alonso Ríos (Tomiño), o de Milladoiro (Ames); ou o San Clemente (Santiago de Compostela).
O Observatorio Galego da Lusofonía, en vindeiras datas
Ademais adiantou que en vindeiras datas porase en marcha o Observatorio Galego da Lusofonía, cuxo decreto de creación aprobouse xa no Consello da Xunta e que terá capacidade para achegar asesoramento ao Goberno, formular plans de acción e programar actividades de coñecemento, intercambio e programación neste eido.
Na súa intervención, o conselleiro sumou estas dúas novas iniciativas ás “innovadoras” que ao longo desta década o Goberno galego ten desenvolvido e que, segundo asegurou, teñen acadado “unha importante evolución” na percepción que a sociedade galega ten do portugués.
Referiuse á inclusión de España como Estado observador asociado da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa ou á celebración en Santiago de Compostela do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR) 2024, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa e Intelixencia Artificial, e que saíu dun país lusófono por primeira vez na historia.
Outros fitos acadados no marco deste compromiso, tal e como citou, son “a posibilidade de estudar portugués en todos aqueles centros nos que exista demanda e que actualmente xa fan máis de 5.000 alumnos”, ou o apoio ao proxecto Ponte…nas Ondas! no seu recoñecemento pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial, un proxecto que tende pontes de comunicación tecnolóxica entre as dúas beiras do Miño.
Cultura anuncia proxectos innovadores para estreitarmos ligazóns coa lusofonía
Compartir Este Artigo

