Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: USC Lugo Space premia aos proxectos Novatech, PRO A2 e Optimuu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

USC Lugo Space premia aos proxectos Novatech, PRO A2 e Optimuu

S. P.
Publicado: 29/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_premios_explorer-2.jpgO proxecto Novatech, promovido por Eduardo Ulloa, proclamouse vencedor na última edición do programa Explorer do USC Lugo Space. Galardoado co premio Revolut, dotado con 400 euros e unha estadía internacional, a iniciativa premiada desenvolve produtos dixitais en trinta días para empresas, startups, axencias e consultoras que queren abrir novas liñas de negocio, conseguir os primeiros clientes, ou impulsar rondas de financiamento. Ademais crean os seus propios produtos SaaS (Software as a Service) e contan cunha metodoloxía propia para maximizar os resultados dos seus clientes.
Nerea González, Rocío Barreiro, Laura SanJulián, Cristina Fente, Patricia Regal e Alexandre Lamas integran o proxecto PRO A2, que se situou no segundo chanzo e foi premiado con 200 euros e unha estadía internacional. PRO A2 constitúe unha nova fórmula infantil para bebé elaborada con ingredientes funcionais, de proximidade e baixo selos de benestar animal e con subprodutos de industria láctea, que promoven a saúde do lactante.
Finalmente, o terceiro posto foi para Optimuu de Aina Mena, unha interface personalizable para control e xestión de explotacións lácteas que inclúe un modelo preditivo. A través de Intelixencia Artificial e técnicas de aprendizaxe máquina (matching learning) permite a visualización e interpretación de datos recompilados na automatización de procesos no sector gandeiro. Aina Mena tamén realizará unha estadía internacional grazas ao USC Lugo Space, alén de recibir 100 euros. Ademais, esta iniciativa foi seleccionada por un xurado global de Explorer 2024 como un dos 30 proxectos finais que recibirán formación en micromecenado (crowfunding).
A xornada celebrouse o pasado 23 de maio e acolleu a presentación de sete proxectos que foron avaliados por un xurado composto por Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra; Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; José Luís Villaverde Acuña, director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC; Alejandro Álvarez Álvarez, director do Work Café Santander da USC no Campus de Lugo; Iría Quintás Pazo, presidenta da Lug Open Factory; e Ergin Kamerov Pose, CEO e co-fundador de Embermind Technologies S.L. A valoración do xurado fíxose en base á presentación de cada proxecto, o seu compoñente innovador e proposta de valor, o potencial que pode chegar a adquirir no mercado, ou a viabilidade, entre outros criterios.
A sesión de entrega de galardóns celebrouse no edificio Cactus do Campus de Lugo.
A USC sumouse, nos seus campus de Santiago e Lugo, a unha nova edición do programa Santander X Explorer, que leva xa catorce anos fomentando o emprendemento nas súas etapas máis temperás e apoiando a conversión de ideas en proxectos e solucións innovadoras.
O programa diríxese a persoas emprendedoras de doce países (Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, México, EEUU, España, Perú, Portugal, Reino Unido e Uruguai) e conta, nesta edición, con Colombia como última incorporación.
En Santander X Explorer, cunha duración de doce semanas, as persoas participantes reciben formación en liña sobre sesións de resolución de dúbidas con especialistas, a interacción en diversas plataformas sociais ou as talkX nas que os e as participantes debaten sobre emprendemento e mostran as súas ideas ante fundadores de startups e figuras de relevancia internacional.
O programa que se desenvolveu no USC Lugo Space contou co apoio do Banco Santander, o Centro Internacional Santander Emprendemento, o proxecto Campus Terra, a Xunta de Galicia, Lug Open Factory, Embermind Technologies e o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?