Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boqueixón e a Secretaría de Lingua xuntan forzas para pór en valor a vertente científica do Pico Sacro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boqueixón e a Secretaría de Lingua xuntan forzas para pór en valor a vertente científica do Pico Sacro

S. P.
Publicado: 30/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

boqueixon_secretaria_xeral_da_lingua_mes_e_pico.jpgXeoloxía e astronomía no monte Pico Sacro. Esta é a temática sobre a que xirará a sexta edición do ciclo Un mes e Pico, unha iniciativa promovida polo Concello de Boqueixón e a Secretaría Xeral de Lingua para poñer en valor o monte ilicino. Unha programación que foi presentada este mércores 29 de maio polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que estiveron acompañados polo físico, profesor da USC e divulgador científico Jorge Mira.
Ovidio Rodeiro salientou que “estes seis anos de actividades demostran que o Pico Sacro merece ser declarado Ben de Interese Cultural. Pola súa relación coa cultura Xacobea e a relixión, pola súa pegada na nosa literatura, polas súas características arqueolóxicas e polos seus atractivos para a espeleoloxía, como temos comprobado en anos anteriores. Agora imos centrarnos nos seus valores xeolóxicos, pois esta montaña de cuarzo nun territorio caracterizado polo granito é unha auténtica singularidade xeolóxica, e no seu valor como punto de observación astronómica, cos seus 533 metros de altura e libre de contaminación lumínica”.
A sexta edición do ciclo contará con dúas visitas guiadas, unha observación astronómica dirixida por Jorge Mira, unha conferencia de Francisco Canosa e a tradicional cerimonia do lume sagrado que se desenvolverán ao longo do mes de xuño. Todas elas serán de participación de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que será precisa inscrición previa en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.
A programación abrirase o domingo 9 de xuño cunha visita xeolóxica ao Pico Sacro guiada por especialistas Geotur Galicia. Viaxe á orixe do Pico Sacro será un paseo pola orixe, a evolución e os elementos máis característicos da complexa historia xeolóxica e xeográfica do monte ilicino. O punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, ás 11:00 horas.
O venres 14 de xuño, ás 19:00 horas, a Capela de San Sebastián do Pico Sacro acollerá a conferencia O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo e actual director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido como Xeoparque Mundial da Unesco. O propio Francisco Canosa será o guía da segunda visita ao Pico Sacro, Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro, que terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 17:00 horas. O punto de encontro será o aparcamento do Pico Sacro.
O domingo 18 de xuño, ás 13:00 horas, desenvolverase a Cerimonia do Lume Sagrado, unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol. Un lume que quedará custodiado ata o día de San Xoán. O acto contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita. Ademais, todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas cacharelas da noite de San Xoán, poderán levar unha candea do Pico Sacro o 23 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.
Finalmente, o venres 21 de xuño, ás 23:00 horas, celebrarse A noite de solsticio dende a tumba do dragón, unha observación astronómica da man de Jorge Mira. Unha iniciativa que aproveitará a noite máis curta do ano, pois so dura oito horas e media á latitude de Boqueixón, das que so catro horas son de noite pechada. Unha noite que a humanidade sempre considerou como un momento máxico, como se fará nesta observación astronómica no Pico Sacro. O punto de encontro será novamente o aparcadoiro do monte ilicino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?