Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra o interese social pola ciencia en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra o interese social pola ciencia en Galicia

S. P.
Publicado: 30/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ccg_2024__percepcion-social-da-ciencia-e-da-tecnoloxia-en-galicia.jpgO Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), vén de amosar o resultado do documento de traballo (xa dispoñible para a súa descarga na web da institución) Percepción social da ciencia e da tecnoloxía en Galicia, do que se tiran como conclusións que a ciencia e a tecnoloxía ocupan o noveno lugar entre os asuntos de interese para a cidadanía galega.
A evolución deste indicador nas dúas últimas décadas é positiva, aínda que decae con respecto a 2018 e Galicia está 2,3 puntos por debaixo da media española na evolución histórica.
Emporiso, o interese pola ciencia sitúase por debaixo da cultura, a alimentación, o consumo, a medicina, a saúde, a ecoloxía e o medio, pero por diante da economía, a política, os deportes e os temas de famosos.
Os datos extraídos polo Observatorio da Cultura Galega a partir da Encuesta sobre Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología, da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), recollen tamén as asociacións espontáneas da cidadanía cando se fala de ciencia: asóciana a progreso, medicina, saúde e loita contra as enfermidades, aínda que tamén a que é aburrida e pouco interesante.
Valórase positivamente a profesión de científica/o, aínda que está por debaixo da dos profesionais de medicina, educación ou enxeñaría. Ademais, a valoración da profesión é menor en Galicia que no conxunto de España: o 37,2% dos galegos e galegas cre que a profesión investigadora compensa no ámbito persoal, fronte ao 55,9% dos españois. Tamén existe un gran consenso na percepción de que non está ben remunerada economicamente.
Os datos tamén apuntan a un menor interese pola ciencia en Galicia con respecto a España. En contraste, os galegos participan máis en actividades de divulgación. O 42,4% asegura visitar museos de ciencia, o 62,5% ve programas de televisión ou escoita espazos de radio sobre ciencia e o 37,4% le libros de divulgación científica.
O documento constata unha evolución positiva da percepción dos beneficios da ciencia. O 61,8% da poboación asegura que os beneficios compensan os ricos, e esta percepción é mellor cando se trata de facer fronte a enfermidades e de mellorar a calidade de vida e a conservación do medio. A enquisa tamén mide o impacto da Intelixencia Artificial, cuxos riscos e beneficios son percibidos con certo equilibrio. Con todo, o Observatorio advirte de que se aprecia unha tendencia a ver cada vez de xeito menos favorable aplicacións concretas como a enerxía nuclear, a fractura hidráulica, a experimentación animal con fins médicos ou a robotización do traballo.
Melloran tamén os indicadores sobre cultura científica. Cada vez menos persoas dubidan de que consumir alimentos modificados xeneticamente non cambia o ADN humano ou de que o ser humano e os dinosauros nunca coexistiron. O informe salienta que “aínda hai porcentaxes relativamente altas de galegos e galegas que teñen ideas erróneas, como por exemplo que os antibióticos curan enfermidades producidas por virus (25,3%). Tampouco son indicadores positivos que un 31% da poboación raramente lea os prospectos dos medicamentos antes de usalos nin que un 16,3% crea que as vacinas son daniñas para as crianzas e que ese é un dato que se oculta deliberadamente”.
No estudo tamén se subliña que un 42% da cidadanía galega deixou de mercar ou mercou certos produtos por razóns éticas ou ambientais. Tamén se indica que sete de cada dez galeg@s ven o cambio climático como un problema serio ou moi serio.
Asemade, o estudo tamén recolle que un 66,6% dos galegos e galegas perciben que estamos máis atrasados en comparación co contexto europeo, un 24% máis do que en 2004. Por iso, a cidadanía demanda “un esforzo maior en investimentos adicados á ciencia”. Sobre quen debe facer ese esforzo económico, un 70% pensa que deben ser as empresas, os concellos e as deputacións; un 76,3%, a Xunta de Galicia, e un 81,1%, o Goberno de España. Dous terzos das persoas entrevistadas amósanse favorables a “incluír a ciencia nas súas doazóns económicas particulares”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?