Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra estrea a plataforma de Dixitalízate para loitar contra a fenda dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra estrea a plataforma de Dixitalízate para loitar contra a fenda dixital

S. P.
Publicado: 31/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_rafa_estevez_07.jpgA Deputación de Pontevedra deu hoxe un paso adiante no seu proxecto Hub contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural, tamén coñecido como Dixitalízate. Fíxoo coa posta en marcha a plataforma dixital hubrural.gal, na que se recollen os contidos deste proxecto no que participan preto de 90 persoas dos concellos de Moraña, Forcarei, A Illa de Arousa e As Neves. Trátase dunha iniciativa que, en palabras do presidente provincial Luis López, “agardamos dea moi bos resultados para atallar un desafío estrutural para a nosa sociedade, que á Deputación lle preocupa e ocupa”.
O obxectivo do programa, que conta cun orzamento de 500.000 € e que a Deputación desenvolve co Ministerio de Transición Ecolóxica, é capacitar en competencias dixitais a persoas maiores de 50 anos, “co fin de evitar a fenda nas novas tecnoloxías e paliar a soidade non desexada, especialmente nos concellos do rural”.
Desta maneira, hubrural.gal disporá de cinco canles (Tecnoloxía, Trámites, Turismo, Ocio e Benestar) para que os maiores participantes, coa axuda dos contidos e de vídeos de veciños influencers que están agora mesmo en formación, aprendan desde como facer un Bizum ou solicitar unha cita a través da aplicación do SERGAS ata aprender hábitos alimenticios ou actividades de benestar que teñan como fin, todas elas, combater a soidade non desexada.
Por outra banda, Luis López explicou que a Deputación enviou unha carta aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia para xestionar a entrega de 640 equipos informáticos (entre portátiles, pantallas, teclados, etc.) como parte dun proxecto de reforzo das infraestruturas dixitais dos concellos, unha acción que conta cun orzamento próximo aos 640.000 € dos fondos Next Generation.
A Deputación facilitará aos municipios un formulario e, por orde de solicitude, recollerán a partir da semana que vén estes equipos, que permitirán reforzar a dixitalización e dotar aos empregados públicos de novas ferramentas de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?