Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC participa no certame de teses nas redes sociais: #HiloTesis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC participa no certame de teses nas redes sociais: #HiloTesis

S. P.
Publicado: 31/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_hilotesis2024_1_.jpgA posta en marcha da cuarta edición do certame #HiloTesis: A túa tese doutoral en redes sociais, ven de ser anunciada e a Universidade da Coruña confirmou a súa participación este 31 de maio. Trátase dunha iniciativa da Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE), en colaboración coa Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da sectorial CRUE-I+D+i e a Fundación Ignacio Larramendi e organizada pola Universidade da Coruña (UDC), a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural.
O obxectivo deste certame é o de promover a actividade divulgadora entre o alumnado de doutoramento. Así, as persoas investigadoras en formación/doutorandas, tanto se defenderon a súa tese nos últimos 12 meses, coma se a están a desenvolver, teñen a posibilidade de dar a coñecer os seus traballos para reforzar a relevancia social da investigación. O ano pasado presentáronse 384 teses de 47 universidades asociadas á CRUE.
As persoas interesadas en partcipar teñen que elaborar unha publicación en formato de fío nas redes sociais X (antes Twitter), Threads, Bluesky e Mastodon, ou empregar o carrusel de imaxes de Instagram, aproveitando as súas posibilidades como canles de comunicación. O contido debe adaptarse a unha linguaxe sinxela, accesible e atractiva. Nesta cuarta edición haberá seis premios dotados con 500 euros cada un, grazas ao financiamento achegado pola Fundación Ignacio Larramendi.
O concurso desenvolverase desde as 0:00 do 1 de xuño ata as 23:59 do 15 de xuño de 2024 (hora peninsular). A primeira publicación do fío ou carrusel deberá incluír o hashtag #HiloTesis e, se é posible, citar ou etiquetar nunha imaxe a @CrueUniversidad, @RedDivulga, @filarramendi e á conta da universidade participante ou, no seu caso, á súa UCC+I, se dispoñen dela. As publicacións poderán ser en calquera das linguas cooficiais do estado, pero a súa universidade achegará unha versión traducida ao español no caso de que resulte elixido para a fase nacional.
O #HiloTesis poderá publicarse en múltiples redes sociais, pero a persoa participante deberá indicar no formulario con cal delas desexa participar.
O persoal investigador en formación participante deberá, unha vez publicado o fío ou o carrusel, inscribirse e facilitar a ligazón a través do formulario específico habilitado.
As candidaturas deberán contar co visto e prace da persoa que dirixa a tese e garantir que a información proporcionada é susceptible de difusión pública. Se as investigacións estivesen vinculadas a algún acordo de confidencialidade, o alumnado deberá contrastar coas partes implicadas os contidos usados no concurso.
Cada universidade participante escollerá nun prazo de 7 días naturais tras o remate do concurso, un #HiloTesis finalista que será enviado á organización para a súa avaliación polo xurado nacional proposto RedDivulga. O fallo producirase aproximadamente na primeira quincena do mes de xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?