Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Persoal investigador de atlanTTic deseña ferramentas de detección temperá do deterioro cognitivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Persoal investigador de atlanTTic deseña ferramentas de detección temperá do deterioro cognitivo

S. P.
Publicado: 31/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_sapiens1.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, vén de celebrar unha xornada sobre o potencial das máis avanzadas tecnoloxías para mellorar o día das persoas con deterioro cognitivo e neuronal. A xornada Intelixencia Artificial e detección temperá de doenzas neuropsiquiátricas en persoas maiores serviu entre outras cousas para presentar os resultados do proxecto de investigación Sapiens (Services & Applications for Healthy Ageing).
Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, coordinado por atlanTTic e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, no proxecto tomaron parte 13 investigadores e investigadoras, que contaron coa colaboración de diversas asociacións e centros de maiores como AFAGA (Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia), o Centro de día Parque Castrelos, o Centro Veciñal e Cultural de Valladares e o Coro Senior da UVigo.
Na apertura da xornada participaron Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo e Martín Llamas, director de atlanTTic e integrante do equipo de investigación do proxecto, que presentou ademais de Sapiens outras iniciativas que se están a levar a cabo no centro no ámbito da detección temperá de enfermidades, como Celia ou Visia.
Luis Anido Rifón, responsable do proxecto Sapiens, investigador de atlanTTic e catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, xunto ao persoal investigador do proxecto, Noelia Lago, Moisés Pacheco e Iván Otero, foron os encargados de presentar os principais avances e resultados acadados.
Segundo explicaron, ao abeiro do proxecto deseñáronse varias ferramentas tecnolóxicas adestradas con Intelixencia Artificial (IA) e técnicas de aprendizaxe máquina (Machine Learning), DigiMoca e DigiYesavage, asistentes conversacionais intelixentes tipo Alexa, cos que se realizaron estudos e cribados con persoas maiores e tests de validación da súa usabilidade cos propios usuarios. “Nestas probas medíronse aspectos como a atención, a velocidade de resposta ou a memoria da persoa que interactúa coa ferramenta”, sinalaron.
No acto de presentación dos resultados do proxecto, o equipo de Sapiens destacou a importancia da detección temperá de enfermidades neurodexenerativas como alzhéimer e párkinson ou outros trastornos como a depresión, para unha maior rapidez na intervención da enfermidade, así como unha eficacia do tratamento, que repercute enormemente na calidade de vida das e dos pacientes e reduce o impacto destas doenzas.
A xornada incluíu unha mesa redonda na que participaron Iván Rarís, xerente do Clúster de Saúde de Galicia; Roberto González Novas, responsable de Innovación de DomusVi; César Bugallo, presidente de FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia); Carlos Spuch, neurocientífico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e que moderou Martín Llamas. Os participantes na mesa abordaron os principais retos do uso da tecnoloxía e da detección temperá do deterioro cognitivo en persoas maiores, desde diferentes perspectivas, ademais da investigación, como a do ámbito clínico, a das persoas usuarias e das familias, ou a das entidades que ofrecen servizos tanto en residencias como domiciliarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?