Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arquitectura e videoxogos centran unha charla de Manuel Saga este mércores no COAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arquitectura e videoxogos centran unha charla de Manuel Saga este mércores no COAG

S. P.
Publicado: 03/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

manuel_saga.jpgA Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organizará o mércores, 5 de xuño, a conferencia Gaming Architectural History: Por unha resignificación do paradigma a través do videoxogo que será impartida polo arquitecto Manuel Saga Sánchez García, investigador no Departamento de Composición Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM). A charla celebrarase ás 19:30 horas na sede da delegación colexial (rúa Federico Tapia, 64).
Manuel Saga adianta que a intersección entre as disciplinas da arquitectura e o videoxogo é hoxe “un espazo fértil ben coñecido, cultivado e colleitado”, engadindo que “tempada a tempada os seus froitos alimentan as paisaxes dixitais que xogadoras e xogadores ao longo do mundo desfrutan no seu tempo de lecer. Tanto estes espazos como as comunidades que os habitan teñen en común o gusto por unha certa heteroxeneidade ecléctica, favorecendo linguaxes e composicións que deveñen en narradores activos”, sinala.
O experto engade que estas arquitecturas vídeo-lúdicas percíbense, a miúdo, como territorios revolucionarios aparentemente illados, desarraigados de estratos culturais máis tradicionais ou, no mellor dos casos, conectados a eles de maneira apenas superficial. Porén Saga sinala que disciplinas como a dos Estudos do Videoxogo (Game Studies), acuñada hai máis de dúas décadas, teñen posto en evidencia a riqueza intelectual deste eido. A esta disciplina súmanse investigadores de todo tipo, aportando conceptos e metodoloxías xurdidas das enxeñerías informáticas, as artes, a antropoloxía social, os estudos de xénero ou a ciencia política, entre outras moitas ramas do coñecemento.
Así, Saga considera que a arquitectura está un paso por detrás neste sentido. Aínda que na última década apareceu toda unha xeración de investigadores que puxeron de manifesto o impacto da arquitectura no videoxogo e o interese do seu estudo, os seus traballos non fixeron máis que sinalar o camiño que queda por percorrer.
Nesta conferencia o relator explorará o marco específico da historia da arquitectura en relación co videoxogo e os seus espazos dixitais desde unha dobre vertente discursiva: a historia e a composición arquitectónica aplicadas ao videoxogo, é dicir, a do seu estudo a través de ferramentas propias da disciplina da arquitectura; e, por outra banda, a do recoñecemento de que a propia disciplina arquitectónica ten sido e continua sendo transformada polas industrias dixitais, incluíndo a do sector gaming.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?