Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos&Salgado móstranos como superar a nosa preguiza para mudar contrasinais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos&Salgado móstranos como superar a nosa preguiza para mudar contrasinais

S. P.
Publicado: 03/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pintos_salgado_xuno_2024-noelia_montero-1.jpgO bufete galego Pintos&Salgado, especializado en dereito e novas tecnoloxías da información, brindounos neste arrinque de xuño unha nova pílula informativa de utilidade para o noso día a día dixital, desta volva poñendo o foco en como mellorar a nosa actividade en materia de contrasinais e de ciberseguridade, axudándonos a resolver a seguinte pregunta: como podemos combater a preguiza de cambiar as nosas claves persoais dos servizos que empregamos na Rede? A cuestión é de especial relevancia, tal e como nos lembra Noelia Montero, avogada de dereito dixital no bufete coruñés: “Resulta fundamental que establezamos hábitos dixitais de calidade que nos permitan coidar a nosa presenza na Internet. A protección dos nosos datos é tan importante como, por exemplo, a nosa seguridade física”.
Noelia lémbranos que ao mesmo ritmo que evoluciona a nosa sociedade dixital, fano tamén as metodoloxías para a subtracción de datos e identidades por parte dos ciberdelincuentes. Polo tanto, sinala, “un dos principais muros para garantir a seguridade na Internet segue sendo simple: os nosos contrasinais persoais”.
Noelia Montero, avogada especializada en protección de datos do bufete, establece unha comparación para entender a relevancia dunha correcta xestión de contrasinais: “A protección dos nosos datos é tan importante como a nosa seguridade física, e de igual maneira que temos unha serie de hábitos para coidarnos e coidar a nosa saúde na rutina, tamén debemos incorporar unhas pautas correctas de hixiene virtual”. Para contribuír nesa divulgación de bos hábitos, o despacho de avogados da Coruña sitúa baixo o punto de mira os principais erros que comete o usuario medio na xestión dos seus contrasinais. Baixo a perspectiva de Noelia Montero, hai dous grandes problemas: “A primeira pauta que normalmente facemos mal é a reutilización de claves. Afacémonos a utilizar sempre o mesmo contrasinal para todo, e se se nos subtrae, comprometemos desde datos persoais a información bancaria ou de saúde”. Continúa a avogada salientando “que, polo xeral, tampouco lle prestamos moita atención á actualización deses contrasinais, mantemos a mesma durante anos e anos”.
Con só estes dous malos hábitos, recorda Noelia, ponse en risco a privacidade do cidadán ou cidadá, pero tamén aumentan as probabilidades de que un ciberdelincuente roube a súa identidade para suplantala.
A preguiza, o gran inimigo a combater
pintos_salgado_fotografia_de_archivo-autoria_de_flyd-contrasenas.jpg Detrás destes descoidos virtuais, o que se esconde é un problema, por unha banda, de falta de conciencia sobre o relevante que é protexer a nosa vida na Internet, pero tamén “percíbese, derivada desta falta de concienciación, unha certa preguiza a instaurar uns bos hábitos dixitais”, declara Noelia Montero, engadindo que para superar esta tendencia ao descoido na Internet “o ideal é que nos deixemos axudar por un xestor de contrasinais, que nos alerta de cando é necesario cambialas, normalmente cada 3 a 6 meses, e poden servirnos para ter unha panorámica clara das nosas claves e a súa vulnerabilidade”. A maiores do cambio periódico de contrasinais, un segundo bo hábito para a nosa ciberseguridade resulta a autenticación en dous pasos, que engade unha capa extra, como un código que se remite ao teléfono móbil, e complica moito o hackeo por parte de ciberdelincuentes.
Noelia engade que aínda que a nosa cultura dixital avanza a fume de carozo, un dos grandes retos é que a concienciación sobre a importancia da ciberseguridade tamén evolucione ao mesmo ritmo. “A formación en ciberseguridade debe incluírse xa como parte da nosa educación obrigatoria, porque só desde o coñecemento podemos reducir os riscos e problemas das ameazas dixitais”, apunta a avogada, engadindo que é preciso pór en práctica estas medidas de seguridade no noso día a día, xa que é “unha cuestión de seguridade básica, unha necesidade para a era dixital na que vivimos”, e que se relaciona ademais cunha boa saúde virtual. “De igual maneira que sabemos que facer deporte é un hábito que repercute positivamente na nosa saúde, tamén podemos entender do mesmo xeito estas pautas de protección de datos”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?