Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UFD (Naturgy) mellorará a dixitalización e a rede eléctrica en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UFD (Naturgy) mellorará a dixitalización e a rede eléctrica en Galicia

S. P.
Publicado: 03/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

torre_alta_tension_naturgy_1.jpgDende o grupo Naturgy anuncian que a UFD, a súa distribuidora eléctrica, investirá 590 millóns de euros ata 2027 para reforzar e dixitalizar a súa rede eléctrica en Galicia co obxectivo de optimizar o servizo aos seus clientes e favorecer o desenvolvemento da transición enerxética.
Os investimentos previstos neste período destinaranse a innovación e aplicación de novas tecnoloxías vinculadas coa telemedida e a sensórica, así como ao robustecemento das infraestruturas a través da construción de novas liñas ou subestacións como tamén á renovación ou modernización de instalacións xa existentes. Só en 2024, a compañía investirá en Galicia 161 millóns de euros, que destinará a proxectos de supervisión avanzada en baixa tensión, actuacións en media e alta tensión, ciberseguridade e xestión avanzada de activos.
As redes de distribución eléctricas xogan un papel estratéxico para impulsar as transicións enerxética e dixital, garantindo a subministración eléctrica e apoiando a cada vez maior integración de xeración renovable e o desenvolvemento de novos servizos como o autoconsumo para avanzar nos obxectivos de descarbonización.
Indo ao caso galego, entre outras actuacións de mellora das súas instalacións, a compañía ten previsto construír novas subestacións en Ribeira (A Coruña), Tomiño (Pontevedra) e Portomarín (Lugo), ampliar a capacidade das subestacións de Pazos (Pazos de Borbén), Atios (Porriño), Tibo (Caldas de Reis) e Frieira (Ourense), así como axeitar as subestacións de Tambre (Noia), A Estrada, Vilagarcía, Vilalonga (Sanxenxo), San Jorge (Cercedo-Cotobade), Barbaña (Ourense), O Barco de Valdeorras e A Rúa. Na provincia de Pontevedra, a distribuidora prevé construír a nova liña de alta tensión entre os municipios do Irixo e Lalín, e outra entre o municipio de Barro e a parroquia de Vilalonga (Sanxenxo).
UFD dá servizo en Galicia a 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A compañía conta cunha Plataforma Dixital de Servizos, un espazo onde os usuarios poden realizar todas as súas xestións desde calquera dispositivo, a calquera hora e desde calquera lugar, e o principal punto de contacto entre os diversos axentes do sistema eléctrico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?