Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo incorpora o robot Oz nos seus estudos agrícolas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo incorpora o robot Oz nos seus estudos agrícolas

S. P.
Publicado: 04/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oz_campus_de_lugo.jpgA Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo (USC) vén de fortalecer os seus estudos agrícolas coa incorporación de Oz, un trebello robótico que desenvolve traballos como sementar, plantar ou manter a raia as herbas que poden ser prexudiciais para os cultivos. O enxeño agrícola Oz, deseñado por Naio Technologies, incorporarase na docencia práctica nas materias da mención en agro-robótica do grao en Robótica e tamén en materias de mecanización no grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria. Grazas a esta novidade, sinala a USC, “a EPS de Enxeñaría convértese nun referente en estudos universitarios de robótica agrícola en todo o eido estatal”.
entrega_robot_oz_1.jpgEste novo equipamento docente foi o primeiro robot fabricado por Naio Technologies, que comezou a traballar no seu desenvolvemento no ano 2014, polo que “posúe unha tecnoloxía madura e contrastada con máis de 68.000 horas de traballo real”, sinalan fontes do Campus lucense, engadindo que “na actualidade é un dos modelos comerciais de robots agrícolas con maior número de unidades en funcionamento, unhas 250 en todo o mundo”.
Oz é un robot de accionamento eléctrico que pode ser empregado para traballos de sementeira, plantación e monda mecánica de cultivos hortícolas principalmente. “Destaca o seu uso en control mecánico de malas herbas como alternativa aos herbicidas en explotacións de cultivo ecolóxico de cultivos hortícolas”, explica Javier Bueno Lema, profesor da EPS de Lugo na área de Enxeñaría Agroforestal. De feito, este é un dos traballos que comezará a realizar nos campos de prácticas da Escola.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?