Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do CITIC da UDC crean un proxecto piloto do uso da IA como apoio á docencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do CITIC da UDC crean un proxecto piloto do uso da IA como apoio á docencia

S. P.
Publicado: 04/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_ies_ferrol.jpgO uso da Intelixencia Artificial (IA) como ferramenta de apoio na docencia é o eixo sobre o que xira o proxecto ProgTutor do Ministerio de Educación protagonizado polos investigadores do CITIC da UDC, Francisco Belas e Óscar Fontenla, xunto cun equipo de 8 investigadores máis, os cales estiveron impartindo clases semanalmente no instituto Sofía Casanova de Ferrol. O dito proxecto, ten como obxectivo desenvolver un Sistema de Titorización Intelixente (ITS) que achega aos estudantes un ensino personalizado da programación en linguaxe Python a través de simulacións robóticas.
O ITS estívose probando con máis de 40 estudantes de primeiro de Bacharelato durante o curso 2023/24, acadándose grandes avances e melloras na súa funcionalidade. ProgTutor salienta polas súas contribucións en dúas áreas principais: na aprendizaxe automática (inclúe novas métricas de interacción do estudante coa contorna de programación e o simulador robótico, métodos innovadores para avaliar o código en comparación con solucións correctas e un procedemento completo para personalizar tarefas de programación) e a interface de usuario/a (introduce métodos de retroalimentación baseados en visualizacións e experiencias personalizadas, inspirados nos videoxogos e a realidade virtual).
citic_ies_ferrol_2.jpg O proxecto axústase aos obxectivos do Plan de Acción de Educación Dixital da Unión Europea
2021-2027, con achegas significativas en varios aspectos. Como ferramenta didáctica, facilitará a formación en programación e pensamento computacional e achegará un apoio aos profesores mediante o seguimento e guía personalizada dos estudantes. O seu deseño para a aprendizaxe mixta permitirá tanto clases simultáneas como todo o contrario, adaptándose a diversas modalidades de ensino. Asemade, potenciará as competencias dixitais proporcionando unha aprendizaxe personalizada axustable a diferentes niveis educativos.
Engadir que este proxecto promoverá a formación práctica en programación mediante a resolución de retos de robótica nunha contorna de simulación.
Por último, dicir que ProgTutor será un prototipo software totalmente funcional, que se poderá aplicar en calquera formación básica sobre programación en Python. Para isto, foi desenvolvido a partir do simulador aberto do robot Robobo, chamadoRoboboSim e desenvolvido en MINT SL, unha spin-off da UDC, que é sobre a cal o estudantado realizará os seus programas. A contorna de programación elixida para a formación foi Python, dado o seu uso tan estendido e a súa relevancia no mercado laboral, ademais de ser compatible co robot Robobo. O proxecto busca avanzar cara a un uso ético, responsable e positivo da IA no ensino, respectando en todo intre ao docente como eixo do proceso educativo, e apoiando o seu traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?