Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo especial de Proxector recompila unha ducia de vídeos didácticos sobre os arquivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo especial de Proxector recompila unha ducia de vídeos didácticos sobre os arquivos

S. P.
Publicado: 04/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxector_ccg_foro_do_bo_burgo.jpgArquivos: conservar a memoria para mellor difundila é o título da nova entrega do portal Proxector, iniciativa que desenvolve o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os doce recursos audiovisuais que se escolman nesta ocasión buscan dar a coñecer algúns dos arquivos de referencia en Galicia, profundar nas súas funcións e nos servizos que prestan, así como pór en valor os documentos que neles se custodian.
Con este especial o CCG súmase ao Día Internacional dos Arquivos, que se conmemora anualmente o 9 de xuño para promover a importancia deste tipo de institucións.
“Os arquivos son entidades cun importante papel na misión de preservar e facer accesibles os documentos que repercuten na vida diaria da cidadanía”. Así comeza a entrega de Proxector deste mes de xuño, que pon o foco no labor que desenvolven tanto algunhas das institucións arquivísticas máis importantes de Galicia como aqueles centros de ámbito local ou municipal. Sobre estes últimos fala, precisamente, Ángel Arcay, director da Biblioteca e Arquivo Municipal de Betanzos e do Museo das Mariñas, na peza Arquivos e historia local. Nela subliña as funcións deste tipo de institucións e a importante contribución que fan á educación, á cultura e á investigación da historia local.
Xunto cos arquivos municipais, o especial destaca tamén os servizos que prestan á Administración e ao conxunto da cidadanía algúns arquivos de titularidade autonómica, como o Arquivo de Galicia, e estatal, como os arquivos históricos provinciais de Pontevedra e Ourense. Así mesmo, afonda en certos documentos de gran valor que custodian estas entidades.
O proceso de restauración da Carta geométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845) que levou a cabo o Arquivo do Reino de Galicia e mais un percorrido pola mostra que organizou esta institución cunha selección de códices e documentos datados entre os séculos X e XVIII forman parte tamén dos contidos escolmados para a nova entrega de Proxector.
Completan o especial un vídeo sobre o interese histórico e cultural do edificio Arquivo, actual Liceo de Betanzos; outro arredor da creación en 1926 dun novo Arquivo gráfico ou Sección de Catalogación Iconográfica no Seminario de Estudos Galegos, no que se explica a importancia que tiñan os elementos gráficos nas súas campañas de investigación, e un recurso divulgativo sobre o arquivo dixital Galiciana e o xeito de procurar información nel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?