Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa tres novos centros de fabricación avanzada con 5,6 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa tres novos centros de fabricación avanzada con 5,6 millóns de euros

S. P.
Publicado: 05/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fabricacion_avanzada.jpgA Xunta publicou a resolución da última convocatoria do programa de Centros de Fabricación Avanzada, que ten por obxecto impulsar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido que teñen como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, e máis a modernización e desenvolvemento da base industrial, a fin de mellorar a súa competitividade. Destinaranse 5,6M€ á posta en marcha de tres novos centros de fabricación avanzada. Serán infraestruturas abertas a pemes e persoas autónomas que terán a finalidade de achegarlles servizos aos que non poden ter acceso de xeito habitual. Nomeadamente, a produtos e sistemas avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades.
A Xunta explica que estes tres novos proxectos “facilitarán a posta en marcha dun centro de produción audiovisual avanzada, doutro de desenvolvemento e certificación de tecnoloxías satelitais, e un centro de servizos avanzados de datos que se localizará na Cidade das TIC”. Precisamente esta última infraestrutura é un dos centros de fabricación avanzada que se activaron en Galicia con motivo da primeira convocatoria deste programa. Xunto a esta iniciativa, está tamén en marcha o centro de fabricación avanzada do Tambre, que busca prover ao sector biotecnolóxico de laboratorios para actividades de I+D+i, equipamento compartido e instalacións de uso común; o Centro galego de tratamentos térmicos do aceiro, en Narón, para facilitar a realización de traballos que teñan como base o aceiro, como poden ser os buques; o Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC, en Vilagarcía de Arousa, que fomenta a creación de produtos, servizos e empresas de alicerce tecnolóxico na cadea de valor da industria turística galega; e planta piloto de Inleit en Curtis, para a síntese de proteínas e subprodutos lácteos de alta calidade, que se complementa cun centro de fabricación avanzada de lácteos de alto valor engadido en Caldas de Reis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?