Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store incorpora unha nova modalidade para o emprendemento tecnolóxico: Pont-Up Venture
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store incorpora unha nova modalidade para o emprendemento tecnolóxico: Pont-Up Venture

S. P.
Publicado: 14/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

popontup1.jpgEste xoves 13 de xuño presentouse no Concello de Pontevedra a undécima edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024, promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro na praza de España da cidade do Lérez: unha cita que ten como obxectivo apoiar o emprendemento e o incremento da cultura emprendedora e innovadora. Participarán 40 novos proxectos empresariais dando a coñecer os seus produtos e servizos no recinto que se instalará na carpa da praza de España. Xunto á posibilidade de contar cun posto gratuíto neste espazo e de promover actividades demostrativas, o encontro terá como principal novidade o Pont-Up Venture, unha nova modalidade de participación centrada nas iniciativas de emprendemento de base tecnolóxica.
Ata o 5 de xullo permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas para participar no evento, impulsado pola Universidade de Vigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal e o apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, así como de preto de 50 entidades públicas e privadas.
A vicerreitora do campus, Eva María Lantarón; a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías; o vicepresidente primeiro da Deputación, Rafael Domínguez, e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, participaron este xoves, xunto ao presidente da asociación promotora, Pedro Figueroa, na presentación das “liñas mestras” dunha edición que combinará novamente a visualización dos emprendedores e emprendedoras cun programa de actividades complementarias.
Como lembrou Lantarón, Pont-Up Store deu comezo hai once anos da man do grupo de investigación que Figueroa dirixiu na UVigo ata a súa xubilación, contribuíndo desde os seus inicios á “dar visibilidade ao emprendemento”, o que é tamén unha das “liñas estratéxicas” da institución académica.
A feira, dirixida a proxectos cuxa traxectoria non supere os tres anos e medio, contará neste 2024 con tres modalidades de participación. Por unha banda, explicou Figueroa, as empresas poden optar a un 36 postos de balde que serán habilitados no recinto, así como a promover “actividades demostrativas” neste espazo, un formato que se recupera nesta edición despois “de que se interrompese o ano pasado pola celebración do décimo aniversario”. A estas dúas opcións súmase á “innovación máis importante deste ano”, o Pont-Up Venture, centrado en iniciativas empresariais de base tecnolóxica. Tratarase dun evento para o que serán seleccionados seis proxectos, cuxos responsables presentarán, en intervencións de tres minutos, a un xurado integrado por “especialistas en financiamento de startups”, co obxectivo de que poidan atopar vías de financiamento para as súas propostas. Sendo posible optar tanto a unha como a varias destas modalidades, as candidaturas para participar no Pont-Up Store poderán presentarse ata o 5 de xullo. De entre as propostas recibidas, a organización seleccionará preto de 40 proxectos, tendo en conta criterios como orixinalidade, innovación e creatividade, valor social, sustentabilidade, potencial impacto económico e social e capacidade de desenvolvemento no futuro.
A visualización de proxectos emprendedores verase complementada, un ano máis, por un programa de actividades que terá un dos seus eixes na economía social, á vez que xirará tamén en torno á tecnoloxía e o financiamento. Esta programación contará tamén con conferencias e coloquios que porán o foco en cuestións como a ciberseguridade ou o papel da Intelixencia Artificial no emprendemento.
Na cita participou tamén o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, quen salientou o “gran carácter emprendedor e a longa tradición innovadora” da cidade e máis concretamente do Pont-Up Store. Ademais, animou a todos os que teñan un proxecto emprendedor a inscribirse no Pont-Up Store antes do 5 de xullo e recalcou que o Goberno provincial é “moi consciente da necesidade de favorecer a cultura do emprendemento. Queremos impulsala, promovela e espallala por todos os recunchos da nosa provincia, porque hai tantas e tan boas iniciativas que non podo ser máis optimista polo prometedor futuro que ten a nosa provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?