Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra rende homenaxe á fotógrafa Mary Quintero no seu novo podcast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe á fotógrafa Mary Quintero no seu novo podcast

S. P.
Publicado: 26/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240626_sandra_bastos_aqui_faltan_paxinas_mary_quintero1.jpgA sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu un novo faladoiro do programa de podcast da institución provincial Aquí faltan páxinas. Neste caso, Mary Quintero converteuse na protagonista e na primeira muller viva en formar parte deste programa presencial e dixital (Aquí faltan páxinas) que “relata historias apaixonantes, das que sentirnos orgullosas, para mostrar o legado de mulleres vinculadas coa nosa provincia e inspirarnos nelas”, asegurou a deputada provincial Sandra Bastos na inauguración do faladoiro.
“Síntome moi feliz de que Mary Quintero, que con 77 anos de traxectoria profesional é unha das grandes pioneiras da fotografía en Galicia, se teña convertido na primeira muller viva en protagonizar os faladoiros de Aquí faltan páxinas”, remarcou Bastos quen confesou “admirar” á fotógrafa, “que foi quen de rexentar un estudo propio e estar sempre á vangarda, vivindo a historia da fotografía desde o magnesio ata a dixital”. Tamén recordou a deputada os numerosos premios recollidos por Quintero ou a súa participación en conferencias nacionais e internacionais e subliñou que “non hai familia en Vigo que non teña no seu álbum familiar unha instantánea túa”.
20240626_sandra_bastos_aqui_faltan_paxinas_mary_quintero3.jpg A Deputación de Pontevedra ten aberta ata o 28 de xuño unha exposición con obras e obxectos que dan boa mostra da traxectoria profesional da fotógrafa. Tamén editou un catálogo, que recolle as súas fotografías e a súa traxectoria, co obxectivo, tal e como remarcou a deputada, de que “Mary Quintero permaneza para sempre entre todas e todos nós”.
A traxectoria da fotógrafa, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa Aquí faltan páxinas, pode consultarse nun podcast do que se poderá desfrutar tanto na web institucional (depo.gal) como en Ivoox e Spotify. Nesta segunda edición do programa, que comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano, recóllense as historias de mulleres como Inmaculada Paz Andrade, Urania Mella, María Araujo, a raíña Urraca I de León, as madriñas de San Simón, as leiteiras de Pontevedra, Mercedes Ruibal, Avelina Valladares, María Pardo ou Placeres Castellanos, ademais de Mary Quintero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?