Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic, Optare e MasOrange optimizan a xestión de situacións de emerxencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic, Optare e MasOrange optimizan a xestión de situacións de emerxencia

S. P.
Publicado: 26/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_emerxencias_demo1a.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo e as firmas Optare Solutions e MasOrange, resultante da fusión de Orange e MásMovil, levaron a cabo este martes 25 de xuño, no Campus de Vigo, unha experiencia piloto dirixida a probar a combinación das tecnoloxías 5G, Edge Computing e Intelixencia Artificial na xestión de situacións de emerxencia e na busca de persoas desaparecidas.
A proba piloto, na que participou a unidade especialista en drons da policía local de Vigo, Unidade Fénix, levouse a cabo cun dron dotado con cámaras de vixilancia para a captura de vídeo en tempo real e nunha contorna Edge con métodos avanzados de procesamento de vídeo mediante IA. Foi no estacionamento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e empregando cartuchos de fume para simular un incendio.
Previamente á demostración do sistema tivo lugar nunha das salas da EET unha pequena presentación na que Xosé Ramón Sousa, responsable de Innovación de Optare Solutions, explicou os detalles da posta en marcha deste novo sistema, así como as súas principais vantaxes fronte a outros métodos nos que non se dá a combinación de todas estas tecnoloxías.
atlanttic_emerxencias_demo2.jpgSousa fixo fincapé en que “neste proxecto únese a calidade e capacidade da rede móbil 5G de MasOrange, o maior operador de telecomunicacións en España por número de clientes; a ampla experiencia de Optare Solutions como integrador e habilitador de servizos sobre infraestruturas e capacidades dixitais no sector das telecomunicacións, e a solución edgeContinuum, plataforma de Edge Computing desenvolta polo Grupo de Tecnoloxías de Información de atlanTTic co apoio do programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación”.
Sousa explicou que “partimos dun contexto no que os despregues que se acostuman facer para xestionar os incendios teñen un alto custe, sobre todo aqueles asociados á masa forestal, que son os que se propagan con maior virulencia e provocan maiores problemas”. O investigador tamén fixo referencia á habitual falla de subministro eléctrico que traen consigo os incendios, así como a outros inconvenientes como os relacionados coa orografía e coas altas posibilidades de que moitos recursos sexan destruídos polo propio lume.
atlanttic_demo3.jpgGrazas á alta velocidade e ultrabaixa latencia da rede 5G+ de MasOrange, o dron é capaz de transmitir o vídeo capturado na área na que se detecta unha urxencia en tempo real na plataforma edgeContinuum para o seu procesamento. Nesta plataforma analízanse as imaxes mediante a aplicación desenvolvida por Optare Solutions, utilizando un modelo avanzado de IA que permite detectar, por exemplo, os posibles incendios forestais. Cos resultados da súa execución, xéranse tamén alertas, permitindo unha resposta rápida e precisa ante as urxencias.
Os participantes nesta proba pretenden, desta maneira, “marcar unha revolución na resposta ante unha situación de emerxencia”. No caso dos incendios forestais, o sistema de drons facilita o labor dos servizos de extinción, ofrecendo vídeo en directo para que os corpos de seguridade examinen a zona do incendio contextualizada e avalíen se é segura antes de acceder á mesma. Así mesmo, na procura de persoas desaparecidas, o procesamento das áreas xeográficas realizadas polo dron coa IA permite determinar con gran seguridade a presenza de persoas na zona da busca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?