Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolleu a presentación da ferramenta web Aldeas Vivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolleu a presentación da ferramenta web Aldeas Vivas

S. P.
Publicado: 26/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aldeas_vivas_lugo.jpgA Axencia Tributaria de Lugo acolleu este mércores 26 de xuño a presentación da ferramenta web Aldeas Vivas, unha iniciativa que se enmarca dentro do proxecto Territorio Intelixente promovido polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais e a Federación Galega de Municipios e Provincias, e que conta cunha axuda de 190.137,28 euros concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Na presentación participou a subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, que destacou a importancia da innovación dixital para “ampliar o impacto das políticas de dinamización do territorio no rural lucense”. Acompañada polo presidente do GDR e alcalde da Fonsagrada, Carlos López; o presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela; e a directora de AGADER, Mº Paz Rodríguez; a subdelegada incidiu “nas oportunidades desta nova xanela dixital aberta ao mundo, que aglutina nun mesmo espazo información, servizos e oportunidades para a promoción da vivenda ou a creación de emprego”.
Aproveitou a súa alocución para felicitar tanto ao GDR como á FEGAMP “polo seu traballo para desenvolver proxectos de dinamización socioeconómica e reactivación territorial, sempre apoiándose no tan necesario tecido asociativo para dar cumprimento ás demandas e necesidades dos seus veciños e veciñas”.
Finalizou a súa intervención tendendo a man “en nome do Gobierno para conseguir un reequilibrio territorial que garanta, neste caso para a montaña lucense e os 13 concellos que formades parte do GDR, a igualdade de oportunidades de todas as persoas, con independencia de onde vivan”.
A ferramenta
Contribuír a xerar un ecosistema de oportunidades de innovación para a transformación das aldeas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía é un dos grandes obxectivos de Aldeas Vivas, ferramenta que informa da oferta de vivenda e de emprego na zona para captar e asentar poboación. Trátase dun banco de casas, terras e negocios que están dispoñibles nos catorce concellos que conforman o territorio do GDR Montes e Vales Orientais. Calquera persoa que teña algunha vivenda, negocio, terra ou incluso algunha oferta ou demanda de emprego, pode subila á web aldeasvivas.gal.
A idea é poñer en contacto ás persoas propietarias coas persoas que están interesadas en darlles uso.
Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente é un proxecto financiado pola Secretaría General para el Reto Demográfico. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Goberno de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?