Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación sobre Tolkien xermolada en X representará á UVigo na final de HiloTesis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación sobre Tolkien xermolada en X representará á UVigo na final de HiloTesis

S. P.
Publicado: 26/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tolkien_noelia_ramos.jpgUnha investigación sobre a pegada do mundo celta en O señor do Aneis vai representar á UVigo na final estatal do concurso #HiloTesis. A autora da tese, Noelia Ramos, resumiu para o seu traballo anos de traballo nun fío na rede social X que lle valeu o pase á fase nacional do concurso, no que se medirá aos representantes doutras 50 universidades de todo o ámbito estatal.
A finalidade deste certame, impulsado pola Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE), en colaboración coa Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) e a Fundación Ignacio Larramendi, é dar a coñecer as teses de doutoramento en formato de fío, nas redes sociais X (antes Twitter), Threads, Bluesky e Mastodon, ou utilizar o carrusel de imaxes de Instagram.
Noelia Ramos optou por X e, ao longo dunha narración de 19 chíos e numerosas imaxes, explica a un público xeral as similitudes existentes entre o mundo creado polo escritor inglés e a mitoloxía celta, unha relación moi debatida polos tolkienistas, que negan a presenza e inspiración destes elementos pagáns na súa obra.
noelia_ramos_uvigo.jpg A investigadora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da UVigo competirá con representantes doutras 50 universidades españolas na fase final deste certame. Á hora de resumir anos de traballo nun fío, Noelia Ramos explica que o máis complexo foi escoller que partes consideraba máis ou menos relevantes, xa que tivo que acoutar bastante pensando en aquilo que podería atraer máis ao público. Porén, recoñece que concretar todo o seu traballo en 20 chíos “non foi una tarefa difícil”, pero si precisou sentarse e discorrer, nun proceso de ensaio e erro.
Sobre o certame, engade que “nun país como o noso, no que o mundo da investigación moitas veces semella estar desdeñado, este tipo de concursos ofrecen a posibilidade de dar a coñecer o traballo dos investigadores ao público xeral, xerando unha simbiose moi interesante e produtiva”.
En total, nas fases locais de todas as universidades participantes rexistráronse 368 fíos, cinco na Universidade de Vigo. De entre eles, o xurado local elixiu a proposta de Noelia Ramos polo “seu impacto visual, limpo e homoxéneo, así como pola existencia de contido propio e correctamente incorporado que axuda a complementar a narración”. Ademais, valorou de xeito especial “que mediante o uso de imaxes consegue transmitir e contaxiar a paixón da investigadora, o que fai que o público desexe coñecer máis acerca do seu estudo”.
Os tres fíos finalistas da UVigo recibirán un diploma por parte da Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación para recoñecer e premiar a súa participación, aínda que só o finalista competirá a nivel nacional. Os fíos escollidos polas 50 universidades participantes serán avaliados por un xurado nacional seleccionado por RedDivulga. Este xurado estará composto por un mínimo de cinco membros dos que ao menos tres serán expertos en comunicación, máis un representante da Fundación Ignacio Larramendi. O fallo producirase na primeira quincena de xullo de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?