
Entre estes proxectos excelentes inclúese Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste da Coruña para promover o uso do galego. Trátase dunha campaña de marcada vertente dixital, xa que entre as súas facianas visibles atópase a web aquitamensefala.com e unha serie de vídeos subidos ás redes sociais nos que importantes persoeiros da cultura e doutros ámbitos expresan o seu apoio á nosa lingua. Por exemplo Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras.
Tamén se inclúen os seguintes proxectos excelentes:
|
Proxecto |
Centro |
Concello |
Provincia |
|
Non só é lume |
IES A Cachada |
Boiro |
A Coruña |
|
Fai un trato co galego! |
CEIP de Prácticas López Ferreiro |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
A memoria das palabras |
IES Fontem Albei |
A Fonsagrada |
Lugo |
|
Abrazando a diversidade lingüística |
CEIP Plurilingüe de Tenorio |
Cerdedo-Cotobade |
Pontevedra |
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
Dous son os proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:
|
Proxecto |
Centro |
Concello |
Provincia |
|
Son das flores, música para a transformación |
CEIP Vicente Risco |
Vigo |
Pontevedra |
|
PaliquéochoEU |
CEE María Mariño |
A Coruña |
A Coruña |

