Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A versión 4.1 do CORGA supera os 45 millóns de palabras e marca un fito en codificación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A versión 4.1 do CORGA supera os 45 millóns de palabras e marca un fito en codificación

S. P.
Publicado: 28/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alumnado empregando a ferramenta lingüística nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
Alumnado empregando a ferramenta lingüística nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
A Universidade de Santiago achegou máis datos sobre a versión 4.1 do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) da que informamos os días pasados dende Código Cero, destacando que esta versión acadaba xa un total de 45.665.649 palabras ortográficas (54.737.277 elementos gramaticais), o que supón dous millóns e medio máis de vocábulos cós que incorporaba a versión 4.0, presentada a comezos de 2022. A nova versión do corpus, unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Secretaria Xeral de Lingua) e a USC, marca un fito lingüístico-tecnolóxico en materia de codificación, explica a universidade compostelá.
Trátase pois dun “corpus pequeno pero cunha rica codificación, o cal contrasta cos corpus doutras linguas de miles de millóns de palabras construídos a partir de Internet, pero cunha escasa codificación”, explica a profesora da USC María Sol López Martínez, codirectora do proxecto xunto a Guillermo Rojo, profesor emérito da USC. CORGA está coordinado, na súa parte lingüística, por Eva María Domínguez Noya e, na súa parte informática, por NLPgo Technologies S.L.
O CORGA é un corpus documental aberto que abrangue cronoloxicamente dende 1975 ata a actualidade, cuxo obxectivo é fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica, discursiva, etc, e a súa mellora realízase de xeito continuo no marco do convenio entre o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a través da Secretaría Xeral da Lingua e a Universidade de Santiago de Compostela.
Con este corpus é posibel, por exemplo, identificar a partir de que ano se empeza a utilizar unha determinada palabra ou cando deixa de empregarse de forma cotián por cambios tecnolóxicos ou sociais, entre outros, ou localizar bibliografía que trate dun determinado tema.
Esta nova versión presenta utilidades innovadoras coma a recuperación de información pola modalidade inventario ou un dicionario de frecuencias que ten en conta o índice de dispersión, co que achega resultados moito máis relevantes sobre a frecuencia do léxico. Así mesmo, facilita o recoñecemento de formas con gheada e seseo e permite realizar estudos variados dende a perspectiva de xénero: tendo en conta o emprego da linguaxe inclusiva non binaria directa, atendendo á discriminación dos resultados en función do sexo da persoa autora ou interlocutora ou habililitando cruzamentos entre o sexo dunha persoa autora e o dos personaxes.
Ademais póñense á disposición da comunidade dúas novas ferramentas no Etiquetador/Lematizador do Galego Actual XIADA: na sección Demostración, calquera persoa pode etiquetar morfosintacticamente arquivos de texto sen necesidade de instalar programas, sen ter que se rexistrar e sen precisar coñecementos técnicos e na pestana Flexionador accédese a un recurso verbal e nominal que proporciona os elementos do paradigma, asociados sempre a unha etiqueta morfosintáctica e con indicacións sobre a súa normatividade. A maiores, o flexionador conéctase co CORGA, de xeito que se poden observar os elementos do paradigma en múltiples contextos reais de uso.
En síntese, indica María Sol López, o sistema CORGA-XIADA “é unha ferramenta potente, flexible, amigable e tamén innovadora, de suma utilidade para extraer datos da lingua galega actual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?