Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Blog de Orientación do IES García Barbón de Verín achégase xa ás dúas décadas de andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Blog de Orientación do IES García Barbón de Verín achégase xa ás dúas décadas de andaina

S. P.
Publicado: 28/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blog_orientacion_ies_garcia_barbon.jpgO Blog de Orientación habilitado polo profesor Daniel Veiga Martínez no IES García Barbón de Verín segue sumando anos de actividade e experiencia, e xa son case dúas décadas de incansable labor achegando recursos educativos, académicos e tecnolóxicos ao alumnado que axuden ás rapazas e rapaces a elixir estudos futuros e carreiras profesionais.
A orixe
O Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín foi pioneiro no uso do blog no ámbito da orientación académica (a primeira anotación no blog inicial é de febreiro de 2005). Foron dezasete anos de ano entradas continuadas neste blog. A partir do mes de maio de 2022 os responsables do caderno pecharon o blog inicial e abriron con “ilusión renovada” un novo e máis completo sitio de orientación, consellosentreestudantes.blogspot.com, que pretende ser unha ferramenta fortalecida de axuda para os estudantes, as familias e o profesorado. Como resultado, estamos a falar dun total de 19 anos de experiencia e de traballo blogorientador.
146 anotacións
No novo caderno, o equipo blogueiro de orientación do IES García Barbón xa leva publicadas 146 anotacións (de maio de 2022 ata o día 26 de xuño de 2024), o que implica, nas súas palabras, “un esforzo informativo que redunda en beneficio dos nosos estudantes”.
No actual curso académico 2023-2024 creáronse 71 anotacións.
“As nosas fontes principais de información son de calidade e utilizan datos oficiais e de páxinas institucionais”, explican, engadindo que “consideramos fundamental poder aportar co noso traballo unha coidada selección de contribucións que podan servir de base para pararse a pensar e tomar a decisión de futuro máis axeitada”. Entre estes recursos de información e formación atópase Ibercaja Orienta, Myvip, O teu futuro profesional, MyWayPass e Orientaline.
Tests e enquisas (autocoñecemento)
No novo Blog de Orientación o profesorado procura dar resposta ás demandas de información e orientación académica e profesional e tamén engade outros contidos que poderían ser de axuda para o conxunto da comunidade educativa. Entre os contidos recentes do novo blog figura información sobre as probas de acceso a ciclos de FP, sobre as bolsas para estudar inglés, sobre as actividades de lecer e tempo libre, sobre as actividades de voluntariado ou sobre os prazos de admisión de FP. Tamén foron achegados vídeos sobre técnicas de estudo, audiovisuais sobre as probas ABAU 2024 e datos de interese sobre as notas de corte dos centros residenciais e residencias universitarias ou sobre a Feira Virtual de Emprego.
“Un dos nosos obxectivos é sen dúbida axudar ao alumando na toma de decisións respecto do seu futuro académico e laboral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?