Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña apoia a formación avanzada e a internacionalización do CLAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña apoia a formación avanzada e a internacionalización do CLAG

S. P.
Publicado: 01/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

convenio_deputacion_cluster_audiovisual_coruna.jpgA Deputación da Coruña financiará con 244.647,65 euros a actividade do Clúster do Audiovisual Galego (CLAG), como “xeito de contribuír á consolidación da provincia e de Galicia como referencia nacional e internacional no sector”. O apoio materializarase nun impulso á formación avanzada á innovación do CLAG, ademais da súa incansable actividade en feiras, encontros e festivais.
O convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades foi asinado este luns 1 de xullo na sede provincial polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente do Clúster, Alfonso Blanco, nun acto que contou coa presenza da deputada de Industria e Empresa, Rosa Ana García. Formoso destacou que o audiovisual “está en constante crecemento en Galicia e que se trata dun sector estratéxico, especialmente na provincia”.
De aí o firme apoio da institución provincial, que ten o seu maior fito no proxecto Coruña Estudo Inmersivo (CEI), materializado na Cidade das TIC (antiga Fábrica de Armas da Coruña), sinalou González.
En concreto, o acordo entre a Deputación e o Clúster establece un financiamento do 89 % do custo de actividades que desenvolva a entidade empresarial (da que forman parte medio centenar de compañías) desde o 1 de xuño deste ano ata o 31 de marzo do 2025.
O marco do convenio establece a promoción e a presenza do audiovisual galego en eventos como o Congreso Internacional de Animación VFX, VP y Nuevos Media, Mundos Digitales (que se desenvolve na Coruña entre o 4 e o 6 de xullo), o Festival Internacional de San Sebastián, o Mercado Internacional de Programas de Comunicación ou o evento I+P Ideas para Producir 2024.
Ademais, financiaranse os custes de persoal cualificado para desenvolver unha formación en Produción Virtual con dúas edicións previstas (en outubro e o vindeiro febreiro), así como a elaboración de pezas audiovisuais para a promoción e difusión do escenario virtual VPxR, localizado na Cidade das TIC da Coruña.
O presidente provincial lembrou que a Deputación da Coruña está a construír o maior escenario virtual de España neste espazo, dentro do proxecto Coruña Estudo Inmersivo (CEI), ao que a institución provincial destina un total de 9 millóns de euros. Explicou que o proceso de construción do edificio sustentable está en marcha desde o pasado mes de febreiro, despois de ter sido adxudicado por algo máis de 2,5 millóns. As instalacións, dixo, “contarán coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual e servirán para mellorar a competitividade das empresas galegas do sector, ademais de atraer producións de cine, televisión e videoxogos procedentes de toda Europa”. Engadiu que unha vez completadas as obras do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular de 28 metros de longo e 6 de alto e resolución 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. “Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio”, sinalou Valentín González, engadindo que a “este importante investimento de infraestruturas vangardistas a nivel internacional, que axudarán a atraer empresas e talento, únese agora o novo apoio ao sector a través da sinatura do convenio, un acordo de financiamento que contribuirá a consolidar a imaxe de Galicia e da Coruña tanto a nivel nacional como no exterior a través do audiovisual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?