Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol luciu potencial innovador na Maker Faire Galicia de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol luciu potencial innovador na Maker Faire Galicia de Santiago

S. P.
Publicado: 01/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galicia_maker_faire_udc.jpgEste sábado celebrouse a primeira xornada da edición 2024 da Maker Faire Galicia, a feira de tecnoloxías argalleiras de Santiago. Celebrouse en Área Central e contou coa participación, entre outras entidades, da Universidade da Coruña, concretamente do Campus Industrial de Ferrol, que amosou todo o seu potencial innovador. Ao longo de toda a xornada, o público asistente puido achegarse ata o stand da Universidade da Coruña para coñecer algúns dos proxectos nos que está a traballar o persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).
Deste xeito, o grupo de investigación en Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM) facilitou varios tecidos flexibles e un par de soletas personalizadas en impresión 3D. O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica achegou a súa órtese activa para lesionados medulares e unha rótula para a simulación de movemento en artroplastia total no xeonllo. Pola súa banda, o Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) contribuíu cunha mostra de fabricación, reparación e de mellora de pezas botando man da fabricación aditiva DED e o Laboratorio de Plásticos (LabPlast) cunhas pequenas pezas impresas con polímero e pousos de café.
Con motivo do seu décimo aniversario, a organización da Maiker Faire Galicia programou tres xornadas independentes sendo a primeira a que tivo lugar, este sábado 29 de xuño, no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela. A segunda está prevista para o 8 de novembro na sede da Fundación Laboral da Construción e a terceira, programada para o 13 de decembro, nas instalacións do Biopolo Sionlla. O programa desta primeira feira, titulada Emprendemento e Innovación Social, contou con charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?